30 de novembro de 1803, primeira expedición sanitaria internacional da historia.

  O 30 de novembro de 1803 desde o porto da Coruña (España) parte a Real Expedición Filantrópica da Vacina, un navío con 37 persoas cuxo fin era levar a vacina da viruela a calquera parte do imperio Español. Considérase a primeira expedición sanitaria internacional da historia. 

Na nosa biblioteca podes encontrar o título sobre a expedición:



Novo Mundo conta a vida de Isabel Zendal, a enfermeira daquela expedición. Unha muller nada nunha humilde familia de campesiños e obrigada a criar ao seu fillo en solitario que acabou por converterse en elo imprescindible dunha xesta que supuxo un punto de inflexión na historia da medicina, dunha viaxe que cambiou o mundo tal e como se coñecía ata entón.








Comentarios

Entradas populares de este blog

Vive connosco nun "liber amoenus"

8 de marzo: Día da muller

17 de marzo, día do cómic.