Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2024

25 NOVEMBRO: EXPOSICIÓN - Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Imagen
 Bo día a todas e todos! Esta semana, polo 25N, fusionamos o equipo de biblio e o de normalización para levar a cabo varias actividades. Hoxe vos traemos a exposición de lecturas recomendadas relacionadas coa violencia contra a muller, que cremos que poden resultar interesantes e moi ilustradoras para o alumnado e compañeirxs. Sabemos da importancia que ten poñerlle nome ás situacións para poder actuar sobre elas, e que máis xente que nos rodea da que pensamos sofre, moitas veces en silencio, nas súas casas, os efectos deste horror. Por isto, seguimos traballando dende as institucións públicas, a favor da concienciación e da educación no respeto e na igualdade, coa crenza de que sempre podemos mellorar entre todxs. 💜Que siga a loita. Por ti, por min, por todas.💜                      

Saída polo MES DA CIENCIA

Imagen
 Bo día a todas e todos! Traémosvos dende a biblio algunhas fotiños da saída que fixemos cos alumnos de 1º e 2º da ESO de proxecto competencial á Domus e á Casa das Ciencias, polo mes da ciencia . Algúns xa coñecían estes espazos, pero iso non impediu que o viviran con moita ilusión e probasen cada un dos elementos interactivos e experimentos que había.

9 de novembro: XORNADA BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

Imagen
 Bo día a todas e todos! Hoxe vimos falarvos da fantástica xornada de bibliotecas escolares de Galicia , que tivo lugar o pasado sábado, 9 de novembro, no pazo de congresos de Santiago de Compostela. A xornada comezou cunha charla moi divertida e interesante da man da xenial Paula Carballeira, falando de teatro e vida, na que rimos e reflexionamos sobre a importancia do xogo na aprendizaxe e, en xeral, na vida. Despois da pausa para un cafeciño, asistimos á mesa de experiencia de centros sobre redes de bibliotecas, na que tivemos a representación de Ana Díaz, coordinadora da microrrede da Mariña, que fixo un traballo espléndido contando como funcionamos e os proxectos que estamos levando a cabo. A outra ponente, Cristina Campos, de A Lama, falounos do seu lindo proxecto, tamén en rede, chamado Letras na praza, no que os rapaces de distintos centros de educación primaria reúnense cada ano na praza do concello para facer actividades moi orixinais que fomentan a lectura. A seguinte c...

SAMAÍN - Túnel do terror na biblioteca

Imagen
 Bo día a todas e todos! O mércores pasado celebramos o Samaín no IES Vilar Ponte cun percorrido terrorífico montado na biblioteca do centro. Foi tan terrorífico que varixs alumnxs tiveron que dar a volta e saír correndo! Voluntarixs de 1º, 2º e 3º de ESO transformáronse en zombies, lobisomes e nenos diabólicos e as profes en bibliotecarias tenebrosas e bruxas malvadas. Non pensedes que era fácil saír, pois os valentes que entraban na biblioteca tiñan que pasar dúas probas: meter as mans nunha cabaza cun líquido biscoso para conseguir unha chave que entregar á bruxa e, unha vez entregada a chave, tragar un doce de sabor sorpresa.... podía ser cebola, fresa, chili, limón, bacon... Foi unha actividade divertidísima para todxs, con colas polos corredores para poder vivir a experiencia e algúns con ganas de repetir!