SAMAÍN - Túnel do terror na biblioteca

 Bo día a todas e todos!

O mércores pasado celebramos o Samaín no IES Vilar Ponte cun percorrido terrorífico montado na biblioteca do centro. Foi tan terrorífico que varixs alumnxs tiveron que dar a volta e saír correndo!

Voluntarixs de 1º, 2º e 3º de ESO transformáronse en zombies, lobisomes e nenos diabólicos e as profes en bibliotecarias tenebrosas e bruxas malvadas.


Non pensedes que era fácil saír, pois os valentes que entraban na biblioteca tiñan que pasar dúas probas: meter as mans nunha cabaza cun líquido biscoso para conseguir unha chave que entregar á bruxa e, unha vez entregada a chave, tragar un doce de sabor sorpresa.... podía ser cebola, fresa, chili, limón, bacon...


Foi unha actividade divertidísima para todxs, con colas polos corredores para poder vivir a experiencia e algúns con ganas de repetir!





Comentarios

Entradas populares de este blog

8 de marzo: Día da muller

Vive connosco nun "liber amoenus"

17 de marzo, día do cómic.