Durante este curso, a biblioteca permanecerá aberta tódolos recreos, para que poidades achegarvos cando queirades a ler, buscar información, consultar materiais, xogar a algún dos nosos xogos de mesa ou simplemente disfrutar dun tempo tranquilo.
Estamos tamén a preparar os clubs de lectura deste curso 2024-2025. Se vos gusta ler e compartir opinións, é unha boa oportunidade para coñecer xente nova, descubrir libros interesantes e participar dun espazo de diálogo e reflexión arredor da lectura.
Ademais, buscamos voluntarios e voluntarias de biblioteca, estudantes con interese por colaborar na organización, nas actividades e na dinamización deste espazo. O voso apoio é fundamental para que a biblioteca siga sendo un lugar vivo, participativo e aberto a toda a comunidade educativa.
Animámosvos a pasar, a curiosear e a disfrutar da biblioteca como o voso espazo.
Benvidas e benvidos a un novo curso na biblioteca do IES Vilar Ponte.