viernes, 12 de febrero de 2010

Olimpiadas de Inverno: VANCOUVER 2010

Inícianse hoxe e ata o 28 de febreiro as Olímpiadas de Inverno.
Os primeiros xogos olímpicos dos que temos constancia celebráronse na Antiga Grecia cara ao ano 776 a.C.
O movemento olímpico moderno débese ao francés Pierre de Coubertein, quen en 1894 revitalizou os antigos xogos.
A primeira edición dos xogos olímpicos de inverno tivo lugar na cidade francesa de Chamoix en 1924 e desde entón celébranse cada catro anos, normalmente no mes de febreiro. Desde os que tiveron como sé Lillehammer (Noruega) en 1994, os xogos de inverno e verán altérnanse nos anos pares.
Este ano a cidade canadense de Vancouver é a anfitriona da XXI edición na que se desenvolverán as seguintes disciplinas: biahtlón, bosbsleigh, curling, esquí -alpino, de fondo, artístico, saltos e combinada nórdica-, hockey sobre xeo, luge, patinaxe -artístico, de velocidade, en pista-, skeleton e snowboard.
España participa con dezaoito deportistas en varias especialidades, con posibilidades de acadar algunha medalla ou diploma olímpico.

Para saber máis, pica en info+

No hay comentarios: