SEMANA DO AMOR: cara ao día de San Valentín (día 1º)



POR QUE SE CELEBRA SAN VALENTÍN?

Como xa todos sabemos, San Valentín celébrase o 14 de febreiro. San Valentín foi o nome de varios mártires cristiáns e a festa foi establecida polo Papa Gelasio I no ano 496 d.C.
Neste día, tradicionalmente, as persoas que desexan mostrar o seu amor aos seus namorados ou amigos regalan flores, bombóns ou envían tarxetas.
Os símbolos do amor son o corazón, as pombas e o Cupido alado. Crese que esta tradición vén desde a Alta Idade Media, cando o poeta Chaucer, pai da lingua inglesa para moitos, escribiu os primeros versos de amor para celebrar o compromiso entre o rei Ricardo II e Ana de Bohemia. Floreceu na corte co intercambio de "notas" entre os nobres.
Esta tradición extendeuse en Estados Unidos e en Inglaterra dun xeito parecido a como a coñecemos hoxe en día a partir de mediados do século XIX, cando empezaron a facerse tarxetas de felicitación en serie. En España comezou a celebrarse a mediados do século XX, dise que por iniciativa de Galerías Preciados, para incentivar o mercado de agasallos despois da Guerra.
En todas as partes do mundo non se celebra na mesma data, pero si hai un día especial para celebrar o amor, a amizade, o cariño... en todas as culturas. Para saber máis, clica en info+

Non esquezades que o amor e a amizade hai que cultivalos e mantelos sans e fortes todos os días do ano. Necesitan grandes doses de tenrura, xenerosidade, comprensión e compromiso.
Pero se queredes algo máis especial... a todos nos gusta recibir unha flor ou unha nota de cando en vez.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Vive connosco nun "liber amoenus"

8 de marzo: Día da muller

17 de marzo, día do cómic.