20 de marzo - Encontros PLAMBE
Bo día a todas e todos!
Vimos a contarvos un pouquiño como transcurriu a xornada do pasado 20 de marzo: Encontros Plambe no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela, un día importante por ser o 20 aniversario do Plambe.
Asistimos á unha primeira charla interesantísima levada a cabo por Rosa Tabernero, quen nos fixo reflexionar sobre como afecta todo o dixital ao lector, como a cmobinación de lectura en formato dixital e as distintas experiencias dixitais diarias (como as redes sociais e os xogos virtuais) impiden a formación de procesos cognitivos máis lentos (como é o caso do pensamento crítico, a reflexión persoal, a imaxinación ou a empatía) que conforman a lectura profunda.
Actualmente, obsérvase que cantos
más dispositivos dixitais ao dispor, máis forte é a tendencia decrecente de
lectura e de comprensión lectora no alumnado. E non só do alumnado, nós mesmos
tamén podemos ver nas nosas carnes os
efectos na disminución da nosa atención continuada.
Como desenvolvemos entón unha
lectura ou un lector crítico? Parece que estudos demostran que partir dunha
lectura en soporte analóxico facilita a lectura en profundidade ao pasar ao
soporte dixital.
Rosa tamén nos falou da
literatura de non ficción, de libros e álbums. Estes son interesantes por como
achegan diferentes realidades dunha forma case poética, sen deixar de ser
experiencias e testimonios verdadeiros de persoas que os viviron. As imáxenes
xogan un papel importante no poso mental, na profundidade ou fixación da
aprendizaxe.
Esta literatura ten unha gran
eclosión no mercado grazas ao lector curioso, ese lector xoven que tamén quere
saber, que quere participar das conversacións sociais pero que non tiña
contacto con esa información dunha maneira accesible.
Os libros de non ficción son
literatura de preguntas, de concienciación, de posicionamento. Apelan á
emoción, ofrecen un discurso de coñecemento, de saber pero dende os espazos
vacíos, dende as fisuras, atrapando ao lector dende a emoción. Son libros que
aproximan, son a conversación entre un adulto e un neno.
Por suposto, Rosa plantexa tamén
a necesidade de filtro polo impacto pedagóxico das obras, que é o máis
importante neste caso, e de como integralos nas nosas aproximacións pedagóxicas
e itinerarios lectores.
A terceira charla versou sobre a
competencia lectora na sociedade actual. Retos, desafíos e algunhas propostas
para as aulas, con Montse Pena.
Foi unha reflexión sobre se a
forma ou práctica de lectura que temos realmente é útil para a mellora da
comprensión lectora. Tamén é importante diferenciar esta da competencia
lectora.
Montse comparou estes procesos de
adquisición coa escalada dunha montaña e como, por sentido común, uns rapaces
de 2ºESO considerarán que ler poemas de Garcilaso de la Vega é como subir ao
Everest sen ter subido ao monte de detrás da casa previamente. Pena cóntanos
que esa montaña se sube empregando textos o máis reais posibles, textos en
relación ao propio texto, e participando na sociedade.
A competencia lectora relaciónase
coa competencia literaria, que é a habilidade de ler adecuadamente todo tipo de
textos literarios. Esta é a nosa mochila para subir á montaña, e nela inflúen
factores como o manexo adecuado da lingua, o dominio das claves do xénero, as
emocións ou o acompañamento.
As habilidades lectoras de “alto
rendemento” serían a lectura crítica, a inmersiva, a literaria, a de longo
prazo, a lenta, a teimuda, a non estratéxica e a lectura como desafío. Un
lector de alto rendemento sabería combinar todas estas lecturas de maneira eficiente.
Montse tamén nos contou que os
datos mostran que a xente nova case non le en galego (só un 6% leron o seu
último libro en galego e un 0.4% o teñen como lingua habitual de lectura).
Ademáis, a maioría len sobre todo en blogs ou webs, normalmente en redes
sociais. As grandes plataformas como Goodreads e os influencers reemplazaron os
centros, as bibliotecas como espazos para recomendacións lectoras.
Como subir entón esa montaña
doutro xeito? Como atraer ao alumnado dende as biblios? Montse defende que subindo
as autoestimas lectoras. O gusto tamén se educa, di, e o noso acompañamento é
clave. Os itinerarios lectores en lingua galega son unha forma. Estos
itinerarios lectores son o camino que o alumnado percorre, motivado polo
interese grupal e do centro. É un itinerario feito por profesorado que constrúe
o canon escolar (conxunto de lecturas que o alumnado debería ter ao finalizar
unha etapa educativa). Non é universal, cada contorna e centro precisa un canon
propio.
Pechouse a charla cunha serie de recomendación
ou propostas específicas para os diferentes ciclos de primaria e ESO deses
itinerarios lectores.
A cuarta charla, despois da pausa
para comer, foi con Piu Martínez López e versou sobre o fotoálbum,
concretamente sobre o pasado e presente da fotoliteratura destinada á infancia
e á xuventude lectora.
Esta foi unha charla que, como advertiu
Piu, non nos deixou dormir a sesta, pois foi moi estimulante e sobre un tema do
que polo menos no noso temos moi pouca formación. A forma de falar de Piu sobre
a importancia do deseño, do soporto, da textura, da tinta, da cor, do papel e
toda a aplicación didáctica do deseño dun fotoálbum, esa paixón encandilounos,
deixándonos con un montón de referencias e referentes e ganas de seguir
explorando este campo da literatura.
A quinta charla, levada a cabo
por María Pousa, Alexandra Cabana e Asun Carballo, foi moi necesaria, xa que nos
orientaba ás novas incorporación na coordinación de biblio nas nosas tareas
deste ano. Xurdiron moitas dúbidas que esperamos resolver nestes últimos meses
e chegamos tamén á conclusión de que tería sido moi útil ter toda esa
información xa no primeiro trimestre (ogallá en próximas edicións!).
A sexta e última charla que pechou
estos encontros Plambe foi con Víctor Villapalos de ponente, falando sobre
intelixencia artificial cunha mirada crítica. Reflexionamos sobre as vantaxes e
inconvintes desta inevitable nova ferramenta e sobre como utilizala no noso
proveito nas bibliotecas escolares.
E ata aquí chegamos, moi cansadas,
pero con moito no que pensar e moitas novas recomendacións de adquisicións para
a biblio!
Ata o ano que ven!
Comentarios