A nosa celebración do Día da Terra o 22 de abril

Nel os dous autores dialogan sobre o papel do home no noso planeta. Miguel Delibes (escritor de recoñecido prestixio e cazador) pregunta ao seu fillo (Doutor en Ciencias Biolóxicas e membro do Consello Superior de Investigacións Científicas) sobre os problemas ecolóxicos aos que se enfronta o Planeta neste novo século. O pai pregunta e o fillo responde con rigor, pero afastado de tecnicismos. Se xa eran ben coñecidas a sinxeleza e a precisión narrativas de Delibes, nesta obra quedan patentes unha vez máis.
La Tierra herida é un libro ameno e de fácil lectura, imprescindible para entender o que se nos aveciña se a especie humana non toma conciencia das agresións que está soportando a biosfera do noso planeta.
Comentarios