23 de abril, Día do Libro

O 23 de abril é o día de San Jordi (San Xurxo ou San Jorge) e en Cataluña celébrase dun xeito especial: alí é tradicional que os homes agasallen con rosas ás mulleres e elas lles correspondan cun libro.
A nosa celebración deste ano consiste nunha xornada de "portas abertas", na que todo aquel que veña pola biblioteca (a calquera das dúas salas) recibirá de agasallo un libro, un marcapáxinas e un pin. Ademais, é a data escollida para facer a presentación dos catro blogs dependentes da biblioteca.
Comentarios