martes, 28 de abril de 2009

Juan Marsé, Premio Cervantes

O Premio Cervantes foi instituído en 1974 e é concedido anualmente polo Ministerio de Cultura español a proposta das Academias da Lingua dos países de fala hispana. Está recoñecido como o galardón literario máis importante en lingua castelá e destinado a distinguir a obra global dun autor en lingua castelá cuxa contribución ao patrimonio cultural hispánico teña sido decisiva.

O rei de España, Xoán Carlos I, preside a entrega deste galardón que ten lugar no Paraninfo da Universidade de Alcalá o 23 de abril, Día do Libro, de cada ano.

Este ano foi adicado a Juan Marsé, autor español nado en 1933. As obras de Marsé sitúanse na súa Barcelona natal, en concreto no barrio de Guinardó (onde se criou) ou noutros próximos a este. En todas elas relata feitos vividos na época de postguerra ou durante o Franquismo. Analiza a degradación moral e social da postguerra, as diferenzas de clase barcelonesa, a memoria dos vencidos, os enfrontamentos entre traballadores e burgueses universitarios e a infancia perdida, sempre con ironía, sátira e un certo humorismo.


Pica no título desta entrada e poderás acceder á páxina web oficial de Juan Marsé.

No hay comentarios: