Día da muller

Vimos de retirar da biblioteca a exposición que fixemos co gallo do “Día da muller” o pasado 8 de marzo. Nesa semana todos os alumnos de 1º da ESO pasaron pola sala grande da biblioteca para buscar información sobre mulleres que marcaron a historia.

A actividade consistía en ordenar unha serie de “fichas”: unhas tiñan o nome dunha muller sobranceira; outras tiñan a súa foto; outras, algún dato da súa biografía; e as outras, algo destacado da súa obra. Cos datos extraídos a partir de fontes tradicionais –enciclopedias, libros de historia, dicionarios...- e das fontes de información tecnolóxicas, os rapaces ordenaron estas fichas e fixeron un panel que estivo exposto ata agora.

Velaquí tedes algunhas fotografías:

Comentarios

Entradas populares de este blog

Vive connosco nun "liber amoenus"

8 de marzo: Día da muller

17 de marzo, día do cómic.