O "liber amoenus" está en marcha

O pasado día 2 de abril tivemos a primeira reunión do club de lectura (podes seguir toda a información no blog, tes o enlace á dereita). Sobrepasadas todas as nosas expectativas, apuntáronse corenta persoas de 1º de Bac e 4º da ESO e mesmo temos tamén a unha rapaza de 2º de Bac. Iso significa a necesidade dun feixe de libros de Asasinato no Orient Express. E tivemos que recorrer ao préstamo interbibliotecario con outros institutos.
Desde aquí queremos agradecer a colaboración dos nosos colegas lectores:
- os nosos veciños, o IES María Sarmiento;
- o IES de Fene -e a profe Sandra, de Francés, que nos trouxo os libros-;
- o IES de Mondoñedo -e a Arabia e a Ásun-.

Grazas a todos.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Vive connosco nun "liber amoenus"

8 de marzo: Día da muller

17 de marzo, día do cómic.