Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como San Valentín

9ª e 10ª pistas do concurso "Morrer de amor"

Imagen
Estas son as pistas para o xoves 13 de febreiro . Son xa as derradeiras. O venres 14 diremos as solucións a todas as preguntas no segundo recreo na biblioteca e alí saberedes quen foi o gañador do concurso. Pista nº 9: "She takes me away to that special place" Pista nº 10: "¿Puedo soñar contigo?"

7ª e 8ª pistas do concurso "Morrer de amor"

Imagen
Estas son as pistas para o mércores 12 de febreiro : Pista nº 7: " Love means never having to say you`re sorry" Pista nº 8: " Resistencia Aneiros" Non esquezas pasar pola túa biblioteca e contestar as preguntas. O premio pode ser para ti.

5ª e 6ª pistas do concurso "Morrer de amor"

Imagen
Estas son as pistas para o martes 11 de febreiro : Pista nº 5: "Te vivo" Pista nº 6: Leriano e Laureola

3ª e 4ª pistas do concurso "Morrer de amor"

Imagen
Estas son as pistas do luns 10 de febreiro : 3ª pista:  "Y con un suave desliz hago que se pare el tiempo" 4ª pista:  "ol vidar el provecho, amar el daño "

1ª e 2ª pistas do concurso "Morrer de amor"

Imagen
Velaquí tedes as dúas primeiras pistas do concurso. É sinxelo: lédeas, acudide a Google e comprobade a que corresponden (unha canción, un poema, unha novela, unha película...) Descubride datos sobre a autoría, título...). Despois, en calquera dos dous recreos podedes cumprimentar a ficha e participar: 1ª pista: "Try to scream out my lungs" 2ª pista: "Pero aún me gustas más, tanto que casi / no puedo resistir lo que me gustas"

"Morrer de amor (e desamor)" Concurso para o Día de San Valentín

Imagen
Estamos poñendo en marcha un concurso para celebrar o Día de San Valentín o vindeiro 14 de febreiro. Contamos contigo! PARTICIPANTES Calquera alumno da ESO  OBXECTIVOS   Coñecer algunhas das manifestacións de amor máis románticas de todos os tempos.  EN QUE CONSISTE?   Cada día lectivo, desde o venres 7 de febreiro, aparecerán dúas pistas na conta de Twitter da biblioteca a partir das 0:00 horas. Se non tes conta de Twitter, podes atopalas no blog da biblioteca.  As pistas serán versos dun poema, dunha canción de amor, personaxes dalgunha novela ou unha frase significativa dunha película.  Despois de ler as pistas, deberás buscar información sobre elas en internet o venres 7, o luns 10, o martes 11, o mércores 12 e o xoves 13. A dúas cada día, en total serán dez pistas. Unha vez saibas o máis importante, vai á biblioteca e responde ás preguntas dunha ficha que che darán alí para participar. Serán preguntas sobre o autor, a súa data de nacemento, o significad

SEMANA DO AMOR: cara ao Día de San Valentín (día 5º)

Imagen
AS NOSAS RECOMENDACIÓNS PARA SAN VALENTÍN: DE CINE : - Historias de San Valentín (hoxe de estrea na pantalla grande) - Titanic - La verdad sobre perros y gatos - Brokeback Mountain - Expiación - Love Story - Pretty Woman - Notting Hill - Shakespeare in Love - Amelie - Moulin Rouge - Los puentes de Madison - Casablanca - Lo que el viento se llevó - West Side Story - La Bella y la Bestia - La dama y el vag abundo - Un paseo por las nubes - Bajo el sol de la Toscana DE MÚSICA : - Colgado en tus manos , Carlos Baute - Eres para mí , Julieta Venegas - Quiero ser , Amaia Montero - Me muero , La quinta estación - Me haces falta , Jennifer López - La fuerza del corazón , Alejandro Sanz - Sin miedo a nada , Álex Ubago - Crazy in Love , Beyoncé - Sweet Child of Mine , Guns & Roses - Lady in Red , Chris de Burgh - All my Love , Led Zeppelin - I Just Called to Say I Love You , Stevie Wonder - When a Man Loves a Woman , Percy Sledge - Ain't no Mountain High Enogh , Mart

SEMANA DO AMOR: cara ao día de San Valentín (día 4º)

KONSTANTIN BRONZIT: LAVATORY - LOVESTORY Hoxe, no cuarto día de celebración de San Valentín na nosa bitácora-blog da biblioteca, presentámosche esta curta animada rusa de Konstantin Bronzit titulada Lavatory – Lovestory, unha historia de amor no lugar máis impensado: un baño público, onde a señora que limpa soña con atopar alguén que a queira. Bronzit válese de trazos simples sobre papel, para contar en 10 minutos unha emotiva historia con certo suspenso: atopará esta muller o amor?

SEMANA DO AMOR: cara ao día de San Valentín (día 3º)

Imagen
FLORES, CORAZÓNS E PIROPOS NO NOSO IES! Como cada ano, estanse celebrando esta semana no centro dous dos nosos eventos máis amorosos . Un deles é o xa tradicional agasallo de flores ou corazóns coa finalidade de axudar economicamente aos rapaces de 1º de Bacharelato na súa viaxe cultural a Madrid. Xa sabedes, nos recreos estes alumnos, siareiros da nosa biblio, esperan que vaiamos escribir unha mensaxe de amizade ou amor nun dos corazóns de cartulina que alí nos venden por 0'50 €. Tamén podemos encargar unha flor por 1 €. Chegado o venres eles encargaranse de repartilos entre os afortunados/-as que teñen un amigo/-a ou un namorado/-a que se lembrou del/dela. Se queres que alguén especial reciba o teu regalo, aínda estás a tempo . O outro evento amoroso que vimos de celebrar depende do Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística. É o concurso de piropos . Acaba de saír o fallo do xurado. Velaí tedes o gañador, de Andrea Fernández Ponce , de 2º ESO B , e algúns outros destaca

SEMANA DO AMOR: cara ao día de San Valentín (día 2º)

Imagen
HOXE, NO SEGUNDO DÍA NO CAMIÑO A SAN VALENTÍN, TRES POEMAS DE AMOR Mi reino por un “te amo”, sangrándote en la boca. Mi eternidad por solo dos palabras. Susúrralas o cántalas sobre un fondo real -agua de manantial sobre los guijos, saetas que desgarran con su zumbido el aire- así la realidad hará que sean reales las palabras que nunca pronunciaste -¡por qué nunca las pronunciaste!- y que ultrasuenan en un punto del tiempo y del espacio del que tengo que rescatarlas antes de que me vaya. Ven a decirme “te amo”; no me importa que duren tus palabras lo que la humedad de una lágrima sobre una seda ajada. (José Hierro) Libertad no conozco sino la libertad de estar preso en alguien cuyo nombre no puedo oír sin escalofrío; alguien por quien me olvido de esta existencia mezquina por quien el día y la noche son para mí lo que quiera, y mi cuerpo y espíritu flotan en su cuerpo y espíritu como leños perdidos que el mar anega o levanta l

SEMANA DO AMOR: cara ao día de San Valentín (día 1º)

Imagen
POR QUE SE CELEBRA SAN VALENTÍN? Como xa todos sabemos, San Valentín celébrase o 14 de febreiro. San Valentín foi o nome de varios mártires cristiáns e a festa foi establecida polo Papa Gelasio I no ano 496 d.C. Neste día, tradicionalmente, as persoas que desexan mostrar o seu amor aos seus namorados ou amigos regalan flores, bombóns ou envían tarxetas. Os símbolos do amor son o corazón, as pombas e o Cupido alado. Crese que esta tradición vén desde a Alta Idade Media, cando o poeta Chaucer, pai da lingua inglesa para moitos, escribiu os primeros versos de amor para celebrar o compromiso entre o rei Ricardo II e Ana de Bohemia. Floreceu na corte co intercambio de "notas" entre os nobres. Esta tradición extendeuse en Estados Unidos e en Inglaterra dun xeito parecido a como a coñecemos hoxe en día a partir de mediados do século XIX, cando empezaron a facerse tarxetas de felicitación en serie. En España comezou a celebrarse a mediados do século XX, dise que por iniciativa de Gal