Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Liber Amoenus

Arrincamos o curso indo ao cine

A primeira actividade deste curso 2015-16 promovida desde a biblioteca foi unha visita aos cines de Viveiro. Non podíamos deixar escapar a oportunidade de ver a versión cinematográfica dunha obra cuxa lectura disfrutamos especialmente no liber amoenus : A praia dos afogados de Domingo Villar. Todos os cuartos e primeiro de Bacharelato estiveron o día 20 de outubro nunha proxeción especial matinal, só para eles.

Despedida de 2º de Bacharelato

O pasado mércores 4 tivo lugar o Acto de Despedida dos rapaces de 2º de Bacharelato, unha espléndida promoción con moitos siareiros da biblio e moitos integrandes do Liber Amoenus desde que chegaron ao centro a facer 1º da ESO. Xa se vos está empezando a botar de menos, rapaces. Boa sorte!