Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2015

Samaín na biblio 2015

Imagen
Este ano, para a celebración do Samaín, desde a biblioteca organizamos un concurso de decoración de cabazas de medo . O resultado foi espectacular!!! Debemos dicir que todo o equipo de biblioteca quedou gratamente sorprendido pola calidade dos traballos. A biblioteca quedou terrorificamente preciosa. Aquí o tedes: A entrega de premios terá lugar o martes 10 no segundo recreo . Todos os participantes debedes achegardos ata a biblio. Haberá sorpresas.

CIBES 2015

Imagen
O 26, 27 e 28 de outubro tivo lugar en Madrid o Congreso Iberoamericano de Bibliotecas Escolares ( CIBES 2015 ) e as bibliotecas escolares da Microrrede da Mariña estivemos alí. Fixemos unha comunicación na que contabamos a nosa experiencia en grupo, como comezamos a traballar xuntas todas as bibliotecas escolares integradas no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares e como foron todos eses traballos conxuntos nos que tratamos de dinamizar a vida das nosas bibliotecas e dos nosos centros a través da lectura e a literatura. Levamos un vídeo de presentación das nosas biblios. Aquí podedes velo:

Arrincamos o curso indo ao cine

Imagen
A primeira actividade deste curso 2015-16 promovida desde a biblioteca foi unha visita aos cines de Viveiro. Non podíamos deixar escapar a oportunidade de ver a versión cinematográfica dunha obra cuxa lectura disfrutamos especialmente no liber amoenus : A praia dos afogados de Domingo Villar. Todos os cuartos e primeiro de Bacharelato estiveron o día 20 de outubro nunha proxeción especial matinal, só para eles.