Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2021

23 de Outubro. Día das bibliotecas.

Imagen
Durante esta semana levamos a cabo a formación de usuarios coa rapazada de 1º e 2º da ESO. Ademais de aprender a localizar títulos na biblioteca, estivemos escollendo libros para levar ás vosas bibliotecas de aula. Que mellor que elixir vós mesmos o que queredes ler!!!! Atopamos durante esta formación unha nova necesidade: marcar dalgún xeito os libros por xéneros, así que poñemos a traballar a cabeciña para dar cun sistema que nos vaia a todos e a todas. Tamén vos informamos dunha novidade deste curso que apunta ter boa acollida. Seguiremos informando.

18 DE OUTUBRO. DÍA DAS ESCRITORAS

Imagen
Este curso queremos comezar cunha pequena homenaxe ás nosas escritoras. Por iso os rapaces e rapazas do agrupamento de 2º de ESO levaron a cabo unha actividade de busca de información sobre a vida e obra de grandes autoras galegas como María Mariño ou Pura Vázquez, entre outras.Grazas ao departamento de lingua galega pola súa ímplicación na actividade e pola súa inestimable colaboración. O resultado desta investigación foi exposto nos corredores do instituto.