Entradas

Mostrando entradas de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

Imagen
Non sabes a que botarlle o dente estas longas vacacións de verán? Queres ler algo pero andas algo perdido no medio da maraña de lecturas que ves por aí? Non hai problema. Entre todos os centros educativos da Mariña fixemos un vídeo para recomendarvos libros que nos parecen especialmente interesantes. Bótalle unha ollada no blogue da microrrede da Mariña e... escolle.

AS LETRAS NA CASA

Velaquí o resultado da nosa proposta para o día das Letras Galegas. Fostes moitos e moitas as que enviastes os vosos vídeos, explicando o que é para vós o galego.

A MICRORREDE DA MARIÑA QUEDA NA CASA

Imagen
Como xa sabedes, unha das actividades que adoitamos facer para conmemorar o día das Letras Galegas é a exposición conxunta de traballos realizados polo alumnado de dezasete centros da Mariña. Trátase do Proxecto da Microrrede da Mariña que este ano, por mor da actual situación sanitaria, terá que ser aprazada. As actividades previstas terán lugar, polo tanto, en maio de 2021.

LETRAS NA CASA

Imagen
Xa estamos en maio e, como é habitual, imos festexar o día das nosas letras, das Letras Galegas. Aínda que este ano é máis que excepcional e non poderemos facer nada no instituto, si vos queremos propoñer algunha cousiña deste xeito. A RAG decretou que a celebración se trasladase a outubro, pero por si queres ir coñecendo algo sobre a figura de Ricardo Carvalho Calero, a quen se lle adican este ano as Letras, podes botarlle esta ollada ao vídeo feito polo alumnado do Colexio San Pío X, de Ourense: Na web hai multitude de recursos para pasar un bo rato na compaña de Carvalho Calero e coñecelo algo mellor. Esta é unha selección. Don Ridardo   (xogo para o primeiro ciclo da ESO) Primavera das letras (para primeiro ciclo da ESO) Entrevista a Carbalho Calero (para segundo ciclo da ESO e bacharelato, de gran axuda para o estudo da literatura da época) Rede lectora (con novidades editoriais sobre a figura de Carvalho Calero, que estás á vosa disposición no Elbe-2) Pasate

LIBROS QUE ACOMPAÑAN

A que moitas veces un libro é o mellos compañeiro para pasar unha tempada? Se non o vistes xa, veredes que en ocasións, a determinadas épocas ou momentos das nosas vidas asociamos os libros que nos acompañaron. Por iso, dende a biblio queriamos que quedase constancia dos libros que para sempre relacionaredes con este momento histórico que estamos a vivir. Estes son os vosos "compañeiros de corentena".

Lecturas de pandemia

Como estás a pasar estes días???? Non está de máis dicir que as epidemias son un grave problema para o mundo, pero tamén serviron de inspiración para moitos autores e autoras que elaboraron grandes obras que xiran arredor deste tema. Agora que tes tempo, bótalle o dente a algunha delas.