Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2021

25 N Día internacional da eliminación da violencia contra a muller

Imagen
Neste día tan importante, cunha reivindicación tan necesaria, levamos a cabo dende a nosa biblioteca dúas actividades co alumnado de 3º e 4º da ESO. Nun primeiro lugar, quixemos incidir na visualización dos micromachismos como unha manifestación desa violencia que queremos eliminar. A través da proxección de curtas durante as horas de titoría, reflexionamos sobre o tema e elaboramos uns "bocadillos" nos que quixemos plasmar algunhas das frases micromachistas que escoitamos a diario. Con estes bocadillos enchimos o corredor da planta baixa do edificio 1. Que mellor ocasión para inaugurar a canle de Spotify da biblio? Pois iso. Esas mesmas frases foron gravadas en audio polo alumnado, cos que publicamos o podcast inaugural da canle. Clica aquí para escoitalo porque... ¡¡¡A biblioteca escolar toma a palabra!!!

Novembro. Mes da ciencia en galego.

Imagen
Co gallo do mes da ciencia en galego, fixemos unha exposición nos corredores do edificio 1 en colaboración co Ceida. Trátase de 15 paneis con información en galego sobre o cambio climático que de seguro son de grande utilidade. O Ceida tamén trouxo unha maleta mariñeira, chea de títulos relacionados co mar e cos problemas que lle afectan. A maior parte deste material está en galego e forma parte dunha mostra de libros científicos en galego que se atopa na entrada da nosa biblioteca, na que podedes curiosear pero tamén levar cousiñas prestadas. Mergúllate na ciencia, e faino na nosa lingua!!!!

CARE SANTOS NO CENTRO

Imagen
A que non sabedes quen se pasou hoxe polas aulas de 3º e 4º da ESO? Nin máis nin menos que a magnífica Care Santos, que vee telematicamente falar co noso alumnado da xénese da súa obra mestra: Mentira . Todo o que aprendimos con ela e todas as preguntas que lle fixemos...

O SAMAÍN NO MUNDO

Imagen
Todos e todas nós coñecemos a forma de celebrar o día de Santos na cultura anglosaxona e na cultura celta. Ademais, grazas en parte ao cinema, en especial despois da estrea de Coco, tamén sabemos algo desta festa en México. Pero... e no resto do mundo? A rapazada de 2º da ESO tamén se fixo esta pregunta e, coa axuda de Xema, do departamento de Lingua galega, e empregando recursosvarios da biblio, inicio unha investigación para averigualo. Como non podía ser doutro xeito, quixemos deixar constancia dos noso descubrimentos nun vídeo. Así que dalle ao play e descúbreos, pois... a biblioteca escolar ten a palabra!!!!

MOCHILAS VIAXEIRAS

Imagen
Cantos anos facía que no instituto non viamos as mochilas vermellas viaxar? Pois.... uns cantos. Despois de meses dándolle á cachola, decidimos facer a proba, a ver que pasaba. Deseñamos cinco mochilas distintas, con distinto material (novela, libro divulgativo, libro para adultos, xogos de mesa para disfrutar en familia, cómic...) e de distinta temática (ciencia ficción, terror, ciencia, feminismo e historia). Nas sesións de formación para 1º e 2º da ESO vos informamos sobre a súa existencia e vos entregamos o consentimento para organizarnos e para saber cales vos apetencían máis e... voilá!!!!! Hoxe sae a primeira remesa de mochilas a viaxar!!!!