Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2022
Imagen
  Onte encheuse o corredor da biblioteca de ilusión🎄✨  Había voluntarios que emerxían por todas partes: as voluntarias do Pastor Díaz traendo as etiquetas para o panel dos desexos de Nadal, alumnado hinchando globos para a entrada, voluntarias creando actividades de nadal,... non se pode pedir máis en advento.✨❤️  O muro dos desexos onte cobrou vida. O alumnado de todo o centro irá colgando os seus desexos ( en todas as linguas que estudan) e formarán no ventanal do corredor, un muro cheo de desexos de cara a Aninovo✨  Ogallá teñamos que incorporar moitas ringleiras de desexos, irémosvolo contando cada semana!  @bescolaresgal   #plambe #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Adiviñanzas de advento

Imagen
 ACTIVIDADE🎄🎁  Adiviñanzas de advento na biblio!   Cada día, na biblioteca, abrirase un sobre cunha adiviñanza❤️✨.  🕵🏻‍♀️🕵🏾🔍 Averigua, busca e insire a tua resposta na furna.  As respostas correctas participarán no sorteo do 22 de pequenos detalles de nadal! 🎁🎁🎁✨✨✨  @bescolaresgal   #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #plambe

Calendario literario de advento

Imagen
 Comezamos ADVENTO!✨ Este ano, presentámosvos un calendario literario de advento. Unha recomendación lectora diaria para todxs vós elexida con mimo por parte de todos e todas as voluntarias da biblio.   Pronto vos ensinamos a exposición que irá cambiando diariamente en formato físico e por aquí en formato dixital.   @bescolaresgal   #plambe #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Valoración da obra do "Le petit Nicolas"

Imagen
  Le Petit Nicolas. Qu'est-ce qu'on attend pour être heureux?  A obra que o alumnado de francés foi valorar e ver ao festival de cine de Xixón está baseada nos autores e na persoaxe de Nicolas.   Na biblioteca temos varios exemplares editados e ilustrados por Sempé e Goscinny, podedes botarlles unha ollada no corredor da biblio✨  @bescolaresgal   #plambe #bescolaresgalabertas #bescolaresgal

Torneo de xadrez

Imagen
 Torneo de Xadrez nos recreos do 12 e 19 de Decembro.   📝Anótate na biblio ata o 7 de Decembro!  #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Roteiro narrado en francés

Imagen
 Hoxe o alumnado de 2º de BAC de francés fixo un roteiro por Viveiro narrado en francés. ✨

O club de manga visita a Expotaku

Imagen
  O club de manga hoxe visita a Expotaku🥢🍱🍙🥟🍜👘⛩ Anime, cosplay, gameplay de todo! 

25 N- IES VILAR PONTE

Happy Thanksgiving

Imagen
🍁🍁🍁Happy Thanksgiving!🍁🍁🍁 O xoves celébrase o Thanksgiving ou día de Acción de Grazas. O alumnado xunto coa teacher Nuria para conmemorar tal data crearon este mural.✨ Agradecendo cada unha/ un algo da súa vida. Vide a biblioteca votarlle un ollo á exposición!👀 🍁I'm thankful for... 🍁 O alumnado de inglés seguiu creando para dar grazas nesta data. Eles e elas están agradecidos por moitos motivos e ti? ✨ Que bonito mural cheo de follas con mensaxes de agradecemento que fixeron con Lucía. 🍁✨ Agardamos que  disfrurades desta festividade!

Lixeiro- Lectura do Liber Amoenus

Imagen
  Estaba esgotado, pero xa o temos connosco!✨ A obra de @ismaelramosc 'Lixeiro' é unha das nosas lecturas do club Liber amoenus! Para a semana, comezamos📚📚📚 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #plambe

🌟Hollywood walk of fame🌟

 🌟Hollywood walk of fame🌟 Antiga Grecia Edition.  O alumnado de 3º de Cultura Clásica recrearon o paseo da fama, versión Antiga Grecia. Hai unha estrela vinculada a cada persoaxe célebre. Vos sodes máis de Platón ou de Sócrates? Para debatir sobre as persoaxes, só tedes que viralas estrelas do paseo e veredes información de interese.  Xa sabedes, o paseo da fama, agora, está no corredor da biblioteca!✨

Despedímonos do Meiga!

  Despedímonos de Meiga, o noso programa informático para darlle a benvida a un novo que cambiará a forma de traballar na biblio!✨

O muro das obras maestras

Imagen
  🏆✨O muro das obras maestras✨🏆 A semana pasada abrimos este novo espazo na biblio do Pastor Díaz. No muro das Obras maestras estarán colgadas todas as obras que resulten gañadoras dos premios deste curso escolar. ✨

Comeza a viaxe das mochilas viaxeiras!

Imagen
  Esta semana enviamos á familias información sobre as mochilas viaxeiras🎒🎒🎒 Hai 5 temáticas na nosa biblio: feminista, científica, histórica, terrorífica e de aventuras! En cada unha delas agardannos libros, xogos e un caderno de viaxe. Cada mochila rotará de alumno en alumno.❤️🎒 Xa vos iremos mostrando o contido delas, primeiro, o disfrute da sorpresa!✨

Festival internacional do cine de Gijón + Jovellanos + Laboral Cidade da cultura

Imagen
  O alumnado de francés do IES Vilar Ponte forman parte do xurado do Festival Internacional de cine de Xixón. 🎬 Disfrutaron do filme Petit Nicolas na sección de Enfants Terribles e valoraron a súa candidatura no festival. Sendo est a a súa première en España! Logo de ver, disfrutar e valorar o filme, visitaron o teatro jovellanos e o centro de Gijón para coller rumbo á Cidade da Cultura. Alí, unha guía mostroulles os edificios, os escearios, a distribución actual e antiga do conxunto de inmobles, subimos á torre e entramos ás cociñas. Foi un luxo!

Logo club de lectura manga

Imagen
  O club de manga non tiña unha imaxe para definirse, así pois, este ano, antes de comezar, creamos un taller para crear o logo do club. Os membros fixeron unha posta en común do que lles apetecía que contivese o logo do club, así como participaron e crearon o seu deseño.  A primeira reunión para elaborar o logo foi o día 18 de Outubro nos recreos da biblioteca. Logo, reunímonos nos recreos ata chegar ao resultado final.  Observa o proceso de creación a continuación:  

Día das librarías

Imagen
  Hoxe é o día das Librarías! ✨ Coas librerías tecemos redes, manténdonos vivas e activas, dinamizando os nosos entornos. Xeran cultura á comunidade a través dos libros e a lectura. As librarías do pequeno comercio de Viveiro poñennolo doado para facernos unha achega a todo un mundo por descubrir. ✨ Feliz día! ✨

MAVI: A maleta viaxeira contra a violencia de xénero

Imagen
  Vai unhas semanas foi presentado no Concello de Viveiro o proxecto "MAVI: a Maleta Viaxeira contra a violencia de xénero". Esta maleta percorrerá outros centros e asociacións da vila, iniciando a súa andaina aquí, no IES Vilar Ponte. ✨ No seu interior, un diario de abordo, achega ao alumnado libros de diferentes temáticas relacionadas co feminismo, a igualdade, o empoderamento, a autoestima ou a violencia machista. 📣Hai 604 casos activos de violencia de xénero na provincia de Lugo, seguindo os datos recollidos no Viogén. Dende a biblioteca, a traves da iniciativa MAVI, así como no recuncho feminista, invitamos ao alumnado á reflexión, á sensibilización e á concienciación para conseguir unha sociedade máis igualitaria, libre de violencias e con pensamento crítico. Hoxe o alumnado comezou coa lectura deste proxecto! ✨

Avances na biblio VP

Imagen
A biblioteca do Pastor Díaz vai collendo forma. O alumnado voluntario comeza a encher as baldas e os expositores de libros para uso en sala.  E as exposicións do alumnado comezan a encher as paredes da biblioteca.  Ademáis, o equipo voluntario, está rexistrando os libros que hai en sala, para poder migrar a Koha con todos os libros ben catalogados. 

Entrega de premios: CONCURSO DE EPITAFIOS E TWEETS TERRORÍFICOS

Imagen
  Onte entregaronse os premios de " Epitafios" e " Tweets terroríficos" dos concursos de Samaín. O xurado , integrado polo grupo de voluntarias de Bacharelato, amenizou e organizou a entrega. Eva, alumna de 2° de BAC fixo a entrega aos gañadores e gañadoras.🦇 ✨ Queredes ver as obras? A semana próxima veredes as obras e onde están ubicadas❤️

Abre a nova plataforma de manga dixital: Manga online

Imagen
  📣📣 MANGALINE ONLINE 📣📣 📲📕 A plataforma de manga dixital Mangaline.online abrirá as súas portas este martes 8 de novembro, en España, México, Colombia e Estados Unidos cun catálogo dispoñible tamén en galego. 🔹 Parte deste último estará dispoñible de balde grazas ao apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. As persoas interesadas poderán adquirir de balde 10 volumes do catálogo en galego, 5 serán distribuídos o día do lanzamento e outros 5 o mes seguinte. En instagram @bibliovilarponte amosámosvos cómo facer o rexistro na plataforma e a forma de atopar o catálogo en galego. Doado, útil e con exemplares gratuitos✨!

Voluntariado

Imagen
No mes de Setembro colocamos o cartaz para que o alumnado se anotase no equipo de voluntariado da biblioteca escolar do centro.  As alumnas que o foran xa, o ano anterior, continuan a andaina este ano, non só sendo voluntarias, senon que forman aos novos voluntarios e aos novos lectores, asesoran e cuidan o espazo lector como propio. ( Lucía, Zaira, Eva, Sabela e Noa).  Os novos voluntarios están aprendendo a medida que pasan os días da man delas e da coordinadora da biblioteca: Icía, Vanessa, María, Raúl e Nazaret. A reapertura da biblioteca do Pastor Díaz abriu a oportunidade de crear un grupo de novos voluntarios e voluntarias que axudarán a manter a biblioteca dinámica, o catálogo e os préstamos.  Presentámosvos aquí a parte do novo equipo de voluntarios do Pastor Díaz : Ángela, Antonella, Nerea, Claudia, Daniel, Sheila, Clara, Xaira ( faltan Melany e Julia) No mes de Outubro cambiaron o espazo, colocaron novos carteis, fixeron inventario da biblioteca, decoraron a biblioteca en Sa

Novembro: Mes da ciencia

Imagen
  ⚗️🧫🧬🔭🔬Mes da ciencia🔬🔭🧬🧫⚗️ Visita a nosa exposición en relación a esta temática. ✨ Sabrías decir cales son as moléculas que hai debuxadas nos globos da expo? 🔬