Entradas

Mostrando entradas de 2011

25 de novembro: todos contra a violencia de xénero

Imagen

25 de novembro: todos contra a violencia de xénero

Só desde a igualdade entre homes e mulleres remataremos coa violencia de xénero. Para a educación na igualdade está ben poñer aos contos de toda a vida uns novos finais. Vede este vídeo ao respecto:

25 de novembro: todos contra a violencia de xénero

Imagen

20 de novembro: Día dos Dereitos do Neno

Imagen
Este pasado domingo -o día 20- foi o Día dos Dereitos do Neno. A Declaración dos Dereitos do Neno foi proclamada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas ese mesmo día de 1959. Son tan só dez e vén moi ben recordalos nestas datas: 1. Dereito a igualdade, sen distinción de raza, relixión ou nacionalidade. 2. Dereito a unha protección especial para que poidan medrar física, mental e socialmente sanos e libres. 3. Dereito a ter un nome e unha nacionalidade. 4. Dereito a unha alimentación, vivenda e atención médica axeitadas. 5. Dereito á educación e atencións especiales para os nenos física ou mentalmente disminuidos. 6. Dereito a compresión e amor por parte das familias e da sociedade. 7. Dereito a unha educación gratuita. Dereito a divertirse e xogar 8. Dereito á atención e axuda preferente en caso de perigo. 9. Dereito a ser protexido contra o abandono e a explotación no traballo. 10. Dereito a recibir unha educación que fomente a solidariedade, a amizade e a xustiza entre todo o m

Atentos ás novas do Liber Amoenus

Imagen
Benvidos ao club de lectura do IES Vilar Ponte. Arrincamos este novo curso agora, así que estade atentos a todas as novas que van comenzar a aparecer ao longo desta semana no blog do Liber Amoenus . Continuaremos coas actividades de sempre e, este ano, xa temos pensadas outras novidosas; especialmente interesantes serán algunhas nas que haberá colaboración con outros centros. Preparádevos!!!

12 de maio. DÍA ESCOLAR DAS MATEMÁTICAS

Imagen
Os profes de Mate están empeñados en convencernos de que as Mates son divertidas . Para iso, co gallo do Día Escolar das Matemáticas o 12 de maio, teñen unha interesante exposición na biblio que durará ata a semana que vén. Isto é o que se pode ver desde hoxe en D1V3RT1-MAT3S E ademais, podes ver nos recreos a seguinte presentación sobre algún dos xogos matemáticos máis interesantes: Diverti+mates View more presentations or Upload your own. Tal foi o éxito neste primeiro día que na biblio houbo un auténtico rebumbio nos dous recreos, facendo firme competencia ao número de visitantes da cafetería: Esperamos que nos vindeiros días non vola perdades!

Sempre actual

En un lugar de la Mancha View more presentations from atalvarez1706 .

"El fabricante de pelucas"

Imagen
Traemos hoxe unha curta de de Steffen Schäffler do ano 2000, inspirada nun texto de Daniel Defoe sobre a peste. Invita á reflexión:

"O soldadiño de chumbo"

Hoxe traemosvos esta curtametraxe. Trátase dunha curta producida por Continental Animación e Algarabía e dirixida por Virginia Curiá e Tomás Conde. Xa recolleu varios premios: no Festival Rec 09 (Ribadedeva en Corto), celebrado na localidade asturiana de Llanes e no Festival Pata Negra que tivo lugar en Guijuelo (Madrid). Ademais destes dous recoñecementos, O Soldadiño de Chumbo vén de ser seleccionada no importante festival internacional Stop-Motion Film Festival de Montreal e está pendente de saber si fiinalmente recibirá o premio á mellor curtametraxe de animación no Filmest de Badalona. A curtametraxe conta coas voces de Luis Piedrahita e Manuel Manquiña , e coa composición musical de Emilio Aragón .