Entradas

Mostrando entradas de 2016

25 de novembro: bibliovilarponte en contra da violencia de xénero

Imagen
O pasado venres foi o Día Internancional en contra da violencia de xénero. Desde a biblioteca queremos concienciar desta lacra que xa levou á tumba a moitas mulleres no que vai de ano. Debido ás eleccións ao Consello Escolar, tivemos que retrasalas ata esta semana. Estas son as actividades: Exposición na porta da biblio "O maltrato nin en pintura", un traballo excelente realizado pola biblioteca do IES Lucus Augusti de Lugo, que xenerosamente compartiron. Visita de todos os cursos de 1º e 2º da ESO a biblioteca para ver un vídeo sobre o maltrato. Posteriormente debuxaron a súa man na parede de enfronte da biblioteca e escribiron a súa mensaxe en contra da violencia e o maltrato á muller e en prol da igualdade entre homes e mulleres. En Bacharelato, algúns alumnos de 1º quixeron participar no #mannequinchallenge cun vídeo que insta a que precisamente non nos quedemos parados ante o maltrato. Durante esta semana seguiremos coas actividade

Lectura pública de "El Quijote"

O pasado mes de abril e con motivo da conmemoración do 400 aniversario da morte de D. Miguel de Cervantes Saavedra, o noso centro levou a cabo a lectura pública de varios capítulos da súa obra máis universal, "Don Quijote de la Mancha", así coma da biografía e bibliografía do autor. Neste acto participou o alumnado do primeiro Ciclo da ESO, así coma varios profesores, todos eles co carácter de voluntariedad que require un acto de homenaxe literario destas características. O noso recordatorio de que esta biblioteca posúe varias obras do inmortal Cervantes e o noso ánimo (sempre renovado) a ler este autor (e a outros) e a disfrutalo, a mellor homenaxe que se lle pode ofrecer.

Premio nacional

O pasado venres 3 de xuño, o noso centro tivo o placer de obter o premio da Comunidade Galega na Redacción no Concurso de Redacción Nacional "Qué es un rey para ti?" que fará que o noso Centro sexa representado ante o Rei Felipe VI en Madrid. Este premio chegou a través do traballo do alumno,   Daniel Bermúdez Álvarez de 1º ESO-A quen realizou moitas das súas búsquedas de información para a elaboración do seus traballos na nosa biblioteca co asesoramento preciso. Sentímonos felices por el e por todo o Instituto en xeral e seguimos recordando a todos os ususarios que dispoñemos dun gran número de fondos cos que completar: formación, experimentación, entretemento... ¡Aquí os esperamos! "¿Qué es un rey para ti?" (extracto) Desde mi Viveiro natal, en la provincia de Lugo, no tengo mucha posibilidad de cercanía con la Casa Real y sus representantes. Esto hizo que, cuando mi profesora de Lengua nos planteó la posibilidad de participar en este concurso naciona

II Certame de poesía, fallo do xurado

Reunido o xurado do Certame de Poesía, integrado por tres profesores do Centro, ACORDA CONCEDER os seguintes premios (pola súa creatividade e bo facer) ó alumnado que de seguido se relaciona: 1º PREMIO , OBRA: "Á totalidade de poemas, haikus e acrósticos" AUTORA: Celia Bruzos Labordeta (1º ESO c) 2º PREMIO , OBRA: "A noite e o día" AUTOR: Bruno Sánchez Fernández (1º ESO C) 3º PREMIO EX AEQUO OBRA: "El viento" AUtora: Carla Prieto Pita (1º ESO C) OBRA: "Soledad" AUTORA: Jessica Pérez González (1º ESO C) 1º PREMIO : Celia Bruzos Labordeta ACRÓSTICOS C aminos largos E mpezdos a recorrer L entos pero constantes I remos a ver, en el libro de la vida A y, ¿dónde conseguiremos leer? I gualdad es lo que-dicen-pedimos V amos a ser sinceros... ¿ A  cuántos de nosotros N os han tomado el pelo? S olo tú haces sentir A  esta pobre infeliz R eina de un castillo A miga y tu apren

Exposición "Os soños de Manuel María"

Imagen
A biblioteca do IES Vilar Ponte colabora no traballo conxunto da Microrrede A Mariña organizando unha exposición, no teatro Pastor Díaz, adicada a Manuel María para celebrar a semana das Letras Galegas. Esta exposición que leva por nome "Os soños de Manuel María" terá lugar do 10 ao 13 de maio. Os alumnos de 4º de ESO elaboraron paneis para a presentación desta exposición coordinados pola profesora e coordinadora da biblioteca Ana Tato. Aquí tedes algunhas fotos do traballo realizado.

II Concurso de poesía Vilar Ponte

Imagen
Destinatario : alumnado de 1º de ESO. Obxectivo: realización dun poema (en galego ou en castelán)  de características e  temática libres. O poema poderá acompañarse dunha foto ou ilustración alusiva. Prazo : mes de abril. Entrega : á profesora de Lingua, Mapy Martín. Presentación : en folio/ -s escrito/ -s a man ou a ordenador, firmado cun pseudónimo e achegando un sobre no que figurará, no seu interior, o nome completo e curso do autor e, no seu exterior, o pseudónimo escollido. Premios : 1º) Libro de poemas de Raúl Vacas “ Niños raros”, de SM. 2º) Libro de poemas de Manuel María “Os soños na gaiola”, editorial Casa-Museo de                                 Manuel María.                 3º) “Arroyo claro, fuente serena” de Juan Ramón Torregrosa, editorial Vicens-Vives. Resolución do xurado : o xurado estará integrado por varios profesores do Centro e, emitirá o seu fallo na Semana das Letras Galegas.

Visita de Alfredo Gómez Cerdá

Imagen
Onte, xoves 14 de abril, recibimos a visita de Alfredo Gómez Cerdá. Estivo con case setenta alumnos de 3º ESO e con outros tantos de 4º na hora seguinte, falando sobre a súa obra Los fantasmas del paraíso . Para recibilo e presentalo, o alumnado elaborou un vídeo que podedes ver aquí: 3º ESO: 4º ESO: E aquí tedes outro máis con todas as fotos da visita:

Preparando a visita de Alfredo Gómez Cerdá

Imagen
O alumnado de 3º e 4º da ESO leva días preparando a visita dun escritor en lingua castelá que gusta moito aos nosos siareiros. Para facer a presentación do autor, os dous niveis fixeron cadanseu vídeo. Aquí tedes unha mostra do traballo: 3º ESO 4º ESO

Tapóns solidarios na nosa biblio

Imagen
Como sabedes, desde final do curso pasado estivemos facendo recollida de tapóns de plástico para poder aportan un pequeno gran de area na axuda aos demais.  Este foi o produto do esforzo colectivo de todos os siareiros da nosa biblio: Finalmente, recorremos á Fundación Puro Cora (pertencente a El Progreso, que ten asinado un convenio con varias empresas e institucións desde hai tres anos para recoller eses tapóns que poden axudar a persoas que o precisan. Trala súa venta, o importe íntegro vai destinado a diferentes solicitudes, aprobadas por un equipo externo integrado por un médico, unha psicóloga, unha farmacéutica e unha graduada social.

You don't read, you don' understand

Imagen
Atticus Shaffer é un actor estadounidense -nado en California no 1988- e coñecido polo seu papel como Brick Heck na serie de televisión The Middle . Padece osteoxénese imperfecta de tipo IV (coñecida como a "enfermidade dos ósos de crital"), un transtorno conxénito caracterizado pola fraxilidade e deformindade nos ósos.

30 de xaneiro: Día escolar da Paz e a Non Violencia

Imagen
Este ano a noso recordo e desexo para un mundo un pouco mellor e con menos violencia tivo lugar na biblioteca no segundo recreo. Alumnas de Música de 4º da ESO interpretaron a canción de Cómplices Verdad que sería estupendo , mentres o alumnado de 3º A expoñía os carteis que estiveran traballando anteriormente. Velaquí tedes o resultado: