Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2022

Actividades Samaín 2022

  No cemiterio de Père Lachaise estanse levando a cabo varias actividades. Teacher Lucía creou un Breakout de Samaín con pistas agochadas polos libros da biblioteca.🦇🔍🦇 Logo, na biblio e corredor principal a teacher Nuria creou unha caza de bruxas co Which witch is which! 🧙🏼‍♀️🧙🏿 A biblio neste Samaín tivo moi presente as catro linguas que estudamos, veredelo en máis publicacións! Grazas Departamento de inglés por colaborar e dinamizar coa biblioteca! 🦇🧙🏼‍♀️📚

Samaín 2022

Imagen
A Biblioteca Pastor Díaz está ambientada estas semanas no Cemiterio de Père Lachaise, o máis grande de París intramuros e un dos máis célebres do mundo. Hai moitos persoaxes sinalados enterrados neste cemiterio. 🪦 Dentro do cemiterio, atoparemos a Exposición de epitafios famosos. 💀O altar do día de mortos honra cunha ofrenda floral a escritoras e escritores célebres das catro linguas que estudamos no IES.  No cemiterio lévanse a cabo actividades terroríficas!💀 Pronto volas ensinaremos! O alumnado voluntario, xunto coas profesoras Lucía e Nuria, axudou a decorar ambos ambientes.  Sigue lendo para ver máis fotos do proceso! 

Biblioteca Pastor Díaz

Imagen
  A Biblioteca do Pastor Díaz estivo en desuso por mor da pandemia. Este ano, voltaron a abrirse as súas portas durante os recreos, para que o alumnado poda disfrutar deste espazo☺️ Pero, non é a única novidade, vamos a darlle un cambio a este espazo con moita axuda🤭🎨 Iremosvos ensinando os espazos que crearemos dentro da B iblio así como todas as novas!

NOVIDADES

Imagen
  ✒️Novidades Manga🖋  Haikyu 10 ✔️  Haikyu 11✔️  Tokyi Revengers 9 ✔️ Tokyo Revengers 10✔️   #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

COMEZA O CLUB DE MANGA!

Imagen
  Comeza o CLUB DE MANGA🎋 A semana pasada concretamos a idea do logo do club elaborando varios bocetos, pronto veredes a obra rematada e o proceso de creación.

CONCURSO DE TWEETS TERRORÍFICOS

Imagen
  🕷🕸🧙🏿👻🎃Concurso de tweets terroríficos!🎃👻🧙🏿🕸🕷 🖋Escribe en 20 palabras a historia máis terrorífica!! Na entrada da Biblioteca e na entrada do Vilar Ponte II están as FURNAS para meter os teus TWEETS terrorífiiicos!👻

EPITAFIOS FAMOSOS

Imagen
  🪦🪦Epitafios famosos I🪦🪦 Moitas das mentes🧠 máis brillantes da cultura, deixaron pegada ata nos seus epitafios, que son textos que se gravan na lápida 🪦en memoria dunha persoa falecida. Xeralmente, estas frases lembran os gustos ou actividades da persoa; algunhos fano de maneira máis creativa, ou elaborada deixando atras o " Descansa en Paz". No  #Sabíasque  de hoxe, algúns dos epitafios máis célebres. Recoñeces algún?💡

CONCURSO DE EPITAFIOS

Imagen
  🪦🪦CONCURSO DE EPITAFIOS🪦🪦 Se hai algo que nos caracteriza é a nosa retranca, é hora de tallala en pedra! Todo o alumnado pode participar neste concurso que formará parte dunha exposición moiiiiii terrorífica👻⚰️ Se ainda non tes a túa plantilla para o teu epitafio, na biblio atoparalas! Os 3 mellores epitafios gañaran un vale de 5€ cada un, para gastar na cafetería.🏆

17 DE OUTUBRO: DÍA DAS ESCRITORAS

Imagen
  📖Hoxe, día 17 de Outubro é o Día das Escritoras. 🖋Unha data acaída para lembrar e reivindicar a escrita feminina e plural, tantas veces e en tantas circunstancias esquecida.

CLUB DE MANGA 22-23

Imagen
  Vai unha semana, o formulario do club de manga comezaba a encherse de nomes que, con ilusión, querían retomalo ou comezalo. ☺️Se non lembrache anotarte, estas a tempo! Úneste ao club de manga? O vindeiro martes 18 e mércores 19 nos recreos da biblioteca realizaremos diferentes logos para este club. • Podedes traer propostas, crear en grupo, aportar ideas, ... Xa non queda nada!☺️ Agardámosvos🎋 #bescolaresgal   #clubdelectura   #clubdelecturamanga   #manga

RECOMENDACIÓNS LECTORAS: DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL

Imagen
Hoxe ao fondo do corredor, recíbenoss un arco de globos que dan paso á exposición de libros desta semana no Día mundial da saúde mental.🧠🌱❤️   Recomendacións lectoras📚

HORA DE LER 22-23

Imagen
Comeza a HORA DE LER no Instituto Vilar Ponte! ⏰ Lembra revisar o calendario da sesión de lectura na aula! 📚 Podes traer o libro de casa, elexir un na biblioteca ou ben, descargalo no equipo ( 1* ESO/ 2* ESO) Agardamos que disfrutedes da lectura!☺️ #bibliotecasescolares #bescolaresgal #horadeler

CLUB DE LECTURA 22-23

Imagen
CLUB DE LECTURA! Xa está aberto o prazo para participar no club de lectura "Liber Amoenus", do IES Vilar Ponte📚🌱 Se queres anotarte✍🏻, acude á biblioteca! Agardámoste🌱☺️ #biblioescolar #bescolaresgal #clubdelectura #liberamoenus

VOLUNTARIADO 2022-2023

Imagen
A Biblioteca necesítate!📚 Estamos á procura de VOLUNTARIADO! Queres formar parte do equipo? 📕📗📘📙⚖️ Acude á reunión do próximo Martes no segundo recreo e coñece as novas da biblioteca! Queres propoñer novas actividades? Trae contigo todas as novas ideas e formaremos un gran equipo⚖️ Agardámosvos!✨

Benvidxs

Imagen
Comeza un novo curso, e a biblioteca xa ten as portas abertas e está a cargar pilas para todo o que vén: novos libros, novas actividades, novas ideas, novos clubs de lectura, novos proxectos...! Pero sshhhh! É un segredo🤫 Benvidas/os, un ano máis a un espazo educativo e de lecer para todxs. ✨