Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2024

23 de Febreiro. Día de Rosalía de Castro.

Imagen
 O 23 de febreiro conmemórase a data do nacemento da autora Rosalía de Castro, referente da cultura e da literatura galega. Dende a Biblioteca do IES Vilar Ponte rendimoslle homenaxe con unha escolma de citas e versos da autora nas súas obras máis relevantes. 

21 de febreiro, Día Internacional da Lingua Materna

Imagen
  O Día Internacional da Lingua Materna foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 1999 e celébrase anualmente dende o 21 de febreiro de 2002 cos obxectivos de promover o plurilingüismo e a diversidade cultural.

OBRADOIROS CIENTÍFICOS NA BIBLIOTECA DENDE O 26 DE FEBREIRO

Imagen
 

Entroido Vilar Ponte 2024

Imagen
Seguimos cunha mostra dos traballos que sobre o Entroido realizaron os alumnos de Educación Plástica e Visual de ESO e o curso 3°PDC.  

Día da Candeloira

Imagen
  Comezamos a semana recompilando as actividades que dende o Equipo de Dinamización de Lingua Galega e o Equipo de coordinación da Biblioteca realizamos no Entroido 2024. Celebramos o día da Candeloira escribindo cartas de amizade, amor, compañeirismo entre os membros da comunidade educativa.

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.

Imagen
O 11 de febreiro celébrase o día internacional da muller e a nena na Ciencia. A Asemblea Xeral da ONU declarou o 11 de febreiro Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia en recoñecemento ao papel crave que desempeñan as mulleres na comunidade científica e a tecnoloxía.  

ENTROIDO SOLIDARIO.

Imagen
  Ao longo desta semana as alumnas e alumnos do noso centro contribuíron con doces de Entroido que venderon nos recreos. O obxectivo solidario era recadar fondos para a organización sen animo de lucro Cáritas. Esta actividade solidaria foi organizada polo Departamento de Relixión.

SLE FRANCÉS 3°ESO C`est la Chandeleur!

Imagen
  C’est la Chandeleur! O alumnado de francés de 3º da ESO desfrutou esta semana da celebración da Chandeleur, a través da elaboración de crêpes. Bon appétit! E vós, sabiades que a Candeloria tamén se celebra en Francia?

Club de lectura.

Imagen
  MENSAXE ESPECIAL DO CLUB DE MANGA As reunións deste trimestre xa botaron a andar e con elas as lecturas e as recomendacións. Este ano a proposta é Tokyo Revengers. Nel seguimos a Takemichi Hanagaki, un mozo de 26 anos sen grandes obxectivos na súa vida, quen un día descobre que a súa exmoza da adolescencia, Hinata Tachibana é asasinada pola Tokyo Manjikai. Cando Takemichi é empuxado cara ás vías dun tren, viaxa no tempo ata hai exactamente 12 anos. Así decide cambiar o pasado para cambiar o futuro e comezar de novo. Queredes saber como continua? Solicitade un exemplar na biblioteca! #bescolaresgal   #bescolaresgalabertas   #plambe   #clubdelectura   #manga   #tokyorevengers

ENTROIDO 2024: O MANDATO DO MECO.

Imagen
  No IES Vilar Ponte preparámonos para a chegada do Meco, que vén anunciando a chegada do Entroido. Preparádevos para seguir as súas ordes!

30 DE XANEIRO: Día da Ilustración. Autor homenaxeado: CHICHI CAMPOS

Imagen
A Xunta de Galicia conmemora o Día da Ilustración 2024 cun amplo de abanico de actividades nas bibliotecas de xestión autonómica sobre o legado de Chichi Campos, artista que se homenaxea este ano. Trátase dunha programación que estará presente nas bibliotecas xestionadas pola Xunta de Galicia e en escolas de arte e na que destaca a mostra bibliográfica "Xesús Chichi Campos: ou humor de trazo elegante" na Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura. Con esta serie de iniciativas, la Xunta de Galicia quiere rendir un homenaje a Xesús Campos Álvarez, conocido como Chichi Campos, un hombre que hizo muchas cosas en apenas 39 años de vida y que destacó como dibujante, humorista, columnista y guionista.                                             https://www.cultura.gal/es/dia-ilustracion-2024

REUNIÓN CLUBS DE LECTURA

Imagen
 

CHARLANDO COA UNIVERSIDADE

Imagen
  Nos últimos días, recibimos a visita da Facultade de Humanidades, no Campus de Lugo da USC. O seu decano e profesor, Gonzalo Francisco Fernández Suárez, presentounos o sector da xestión cultural e as súas posibilidades no mundo laboral.                 #bescolaresgal   #bescolaresgalabertas   #plambe   #fdehumanidades   #usc   #campuslugousc