Entradas

Mostrando entradas de 2014

Despedida de 2º de Bacharelato

Imagen
O pasado mércores 4 tivo lugar o Acto de Despedida dos rapaces de 2º de Bacharelato, unha espléndida promoción con moitos siareiros da biblio e moitos integrandes do Liber Amoenus desde que chegaron ao centro a facer 1º da ESO. Xa se vos está empezando a botar de menos, rapaces. Boa sorte!

Procura de información na rede

Aprender a buscar na rede con eficiencia from olga rodriguez diaz Cos nosos parabéns por este espléndido traballo a Olga Rodríguez Díaz (CEIP Milladoiro de Malpica) e a Charo Sánchez-Gabriel (IES Sánchez Cantón de Pontevedra). Grazas por compartilo.

De aqueles contos...a novos finais

Como cada ano, as bibliotecas dos centros da Mariña lucense de Viveiro e outros próximos a el celebramos o Día do Libro preparando nos centros unha actividade conxunta que logo é exposta na Casa do Concello de Viveiro durante a semana que precede ao Día das Letras Galegas. Durante a semana da exposicións hai sesións de contacontos, actuacións musicais, etc. que fan as delicias dos máis pequenos viveirenses que acoden a velos. Este ano a actividade consistía en recoller un conto tradicional e darlle un novo final. Ademais, había que rematalo cunha pequena obra plástica. Aquí vos deixo as fotos da exposición: Exposición no Concello 2014 - Movie Maker Este ano o noso centro participou cunha actuación de contacontos musicados que podedes ver aquí: Actuación Concello 2014 - Movie Maker Podedes ver máis sobre a exposición neste ENLACE Outras bibliotecas dan conta nos seus blogs deste traballo de ilusión conxunta. Podedes velo clicando sobre o nome dos centros:

12 de maio: Día Escolar das Mat3máticas

Imagen
Un ano máis celebramos o Día Escolar das Mat3máticas desde a biblioteca en colaboración co Departamento de Matemáticas. Este ano foi cun "Gran maratón mat3mático" que tivo lugar na sala de lectura do edificio II durante os dous recreos no que podía participar todo o alumnado de 1º e 2º da ESO.  A rapazada de 1º demostrou unha vez máis que vén pisando forte e participou activamente. Velaquí tedes as fotos dese día. Día das Mates 2014 - Movie Maker Tras comprobar os acertos nas probas, os participantes foron convocados á recollida de premios o pasado venres na biblioteca. Estes foron os gañadores: 1º premio: MATEO ESCOURIDO GARCÍA (1º C) 2º premio: MATEO PIÑÓN RIVEIRA (1º A) 3º premio (ex aequo entre varias rapazas de 1º B moi "coloboradoras" entre elas):                   NOELIA BLANCO VÁZQUEZ                  ÁNGELA FERNÁNDEZ PÉREZ                  CLAUDIA GOAS HERBÓN                  ENYA OTERO CONDE Premios Día das Mates - Mo

Visita do doutor Ángel Carracedo ao noso centro

Imagen
Hai poucos días recibimos a visita de Ángel Carracedo Álvarez. Catedrático de Medicina Legal, hai quen di que é o científico que traballa en Galicia de máis proxección internacional. Licenciado e doutor en Medicina pola Universidade de Santiago é o creador dun grupo que na actualidade é o líder mundial en xenética forense e de referencia en xenómica comparada e de poboacións. Podedes saber máis sobre a súa visita consultando o blog do ies cliclando en info+

Visita á nosa biblioteca municipal

Imagen
O mércores 26 de marzo, alumnos de 1º C e o agrupamento específico de 2º, acompañados das súas profesoras e máis da coordinadora da biblioteca, achegámonos a coñecer as instalacións da Biblioteca Municipal (outra fonte para poder ler e, especialmente, nestas datas dos Días do Libro, non o esquezades!). Resultounos ben interesante, non só polos fondos que ten, senón porque é un servizo máis para todos, onde ler e estudar sen importar a idade; onde pais, avós e fillos pódense achegar á cultura ao mesmo tempo. Lembrade ler, por formación e por pracer!

Conmemoracións

Imagen
O martes 25 de marzo, alumnado voluntario da clase de 1º ESO D achegouse á nosa biblioteca coa fin de festexar as conmemoracións literarias destes días -que, de seguido, enumeramos- coa lectura de textos varios. Neste trimestre festexamos: 26 de febreiro: DÍA DA LINGUA MATERNA. 21 de marzo: DÍA DA POESÍA. 27 de marzo: DÍA DO TEATRO. 2 de abril: DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL. Deuse lectura aos manifestos en prol desas conmemoracións, así como aos poemas "Venezia", "Paris", "London" e "A Margarita". A cita resultou moi proveitosa por canto ten de achegamento á Literatura e á sensibilidade coa que a percibe o alumnado.

9ª e 10ª pistas do concurso "Morrer de amor"

Imagen
Estas son as pistas para o xoves 13 de febreiro . Son xa as derradeiras. O venres 14 diremos as solucións a todas as preguntas no segundo recreo na biblioteca e alí saberedes quen foi o gañador do concurso. Pista nº 9: "She takes me away to that special place" Pista nº 10: "¿Puedo soñar contigo?"

7ª e 8ª pistas do concurso "Morrer de amor"

Imagen
Estas son as pistas para o mércores 12 de febreiro : Pista nº 7: " Love means never having to say you`re sorry" Pista nº 8: " Resistencia Aneiros" Non esquezas pasar pola túa biblioteca e contestar as preguntas. O premio pode ser para ti.

Celebración do Día da Paz

Imagen
O pasado xoves 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz na nosa biblioteca. Proxectamos nos recreos unha presentación moi interesante  elaborada polos compañeioros do  CEIP de Ponzos  de Ferrol , á que lle   fomos engadindo diferentes cancións para facela aínda máis atractiva. Temos que agradecer a colaboración de Juan Vicente Piñón, no eido informático, a Joel Romero, alumno de 2º de BAC, aos alumnos de 4º de PDC (Juan, Cristina, Desirée, Xesús, Mª José e Miguel) e a Carlos Gancedo, que sempre nos axuda facendo de fotógrafo.

5ª e 6ª pistas do concurso "Morrer de amor"

Imagen
Estas son as pistas para o martes 11 de febreiro : Pista nº 5: "Te vivo" Pista nº 6: Leriano e Laureola

3ª e 4ª pistas do concurso "Morrer de amor"

Imagen
Estas son as pistas do luns 10 de febreiro : 3ª pista:  "Y con un suave desliz hago que se pare el tiempo" 4ª pista:  "ol vidar el provecho, amar el daño "

1ª e 2ª pistas do concurso "Morrer de amor"

Imagen
Velaquí tedes as dúas primeiras pistas do concurso. É sinxelo: lédeas, acudide a Google e comprobade a que corresponden (unha canción, un poema, unha novela, unha película...) Descubride datos sobre a autoría, título...). Despois, en calquera dos dous recreos podedes cumprimentar a ficha e participar: 1ª pista: "Try to scream out my lungs" 2ª pista: "Pero aún me gustas más, tanto que casi / no puedo resistir lo que me gustas"

"Morrer de amor (e desamor)" Concurso para o Día de San Valentín

Imagen
Estamos poñendo en marcha un concurso para celebrar o Día de San Valentín o vindeiro 14 de febreiro. Contamos contigo! PARTICIPANTES Calquera alumno da ESO  OBXECTIVOS   Coñecer algunhas das manifestacións de amor máis románticas de todos os tempos.  EN QUE CONSISTE?   Cada día lectivo, desde o venres 7 de febreiro, aparecerán dúas pistas na conta de Twitter da biblioteca a partir das 0:00 horas. Se non tes conta de Twitter, podes atopalas no blog da biblioteca.  As pistas serán versos dun poema, dunha canción de amor, personaxes dalgunha novela ou unha frase significativa dunha película.  Despois de ler as pistas, deberás buscar información sobre elas en internet o venres 7, o luns 10, o martes 11, o mércores 12 e o xoves 13. A dúas cada día, en total serán dez pistas. Unha vez saibas o máis importante, vai á biblioteca e responde ás preguntas dunha ficha que che darán alí para participar. Serán preguntas sobre o autor, a súa data de nacemento, o significad

O futuro da revista OINK! en xogo

Imagen
A tod@s os seguidores do Xabarín Club : Nova revista de Banda Deseñada nos quioscos e librarías.   Están no Facebook para partexar recursos para nais, pais e educadores. FacebOINK! Tamén están presentes noutras redes sociais, onde atoparedes imaxes e vídeos. Youtube Vimeo Flickr BANDA DESEÑADA        Miguelanxo Prado, Kiko da Silva, Andrés Meixide, Miguel Porto, Fran Bueno e Marilar Aleixandre, Miguel Robledo, Jacobo Fernández, Kohell, Victor Rivas e Pinto & Chinto: Todos eles sacarán o lapis para darlles vida aos seus personaxes número tras número   CONCURSOS     Cando leas OINK! tamén terás que estar atento e... Ollo ao tesouro!