Club de Lectura xuvenil da biblioteca celebrou a súa primeira xuntanza do curso nunha tarde chea de conversa, reflexión e moi bo ambiente, acompañados pola profesora Carolina Mariño , quen dirixe e coordina o club e fai posible estes espazos de encontro arredor da lectura. Nesta sesión comentouse a obra Redes , do escritor español Eloy Moreno , autor coñecido pola súa capacidade para conectar co público mozo a través de historias próximas, actuais e cun forte compoñente emocional. Moreno iniciou a súa traxectoria literaria coa autoedición de El bolígrafo de gel verde , e desde entón consolidouse como un dos autores contemporáneos máis lidos no ámbito xuvenil e adulto, abordando temas sociais con gran sensibilidade. Redes é unha novela que se centra no impacto das redes sociais na vida das persoas, especialmente na adolescencia e mocidade. A través dunha historia áxil e moi accesible, o autor propón unha reflexión profunda sobre cuestións como a exposición constante en internet, a cons...
O Samaín é unha das tradicións máis antigas da nosa cultura. Herdeiro das celebracións celtas coas que se despedía o verán e se daba a benvida ao inverno, este tempo simboliza o paso entre dous mundos: o dos vivos e o dos espíritos. Fogares, vilas e escolas énchense de luces, cabazas e historias misteriosas que manteñen viva a nosa memoria colectiva. No IES Vilar Ponte , quixemos celebrar o Samaín dende a Biblioteca Escolar , en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega , convertendo o centro nun espazo de creación, misterio e lectura compartida a través das seguintes actividades: Decoración da Biblioteca por parte do alumnado de 3º ESO C. Concurso de microrrelatos de terror para todo o alumnado da ESO. Xincana de Samaín para o alumnado de 1º da ESO Concurso de portas terroríficas dirixido ao alumnado de 1º e 2º da ESO. 📖 As palabras tamén poden dar medo O Concurso de Microrrelatos de Terror invitou ao alumnado a deixar voar a súa imaxinación máis escura e p...