Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2021

TRADICIÓNS DE NADAL

Imagen
Non podemos pechar o trimestre e o ano sen mostrarvos os tradicionais traballos que se fan no noso centro por estas datas. Por unha parte, o Departamento de Relixión organiza un concurso de postais, que se atopan expostas na entrada do edificio 2. Por outra banda, xunto co departamento de Francés, elaboramos os nosos adornos reciclados, que tamén espuxemos. Esperamos que o ano que ven podamos facer con eles o que fixemos ata a chegada da pandemia: vendelos no mercadiño organizado pola residencia de anciáns Domus Vi, en Viveiro, para poder mercar agasallos de Nadal para as familias máis desfavorecidas.

MOCHILAS QUE VIAXAN EN NADAL

Imagen
Nós non seremos os únicos que marchamos de vacacións. Hoxe tamén marcharon as nosas mochilas, que pasarán o Nadal nas casa destes catro aventureiros lectores!!!

INVESTIGACIÓNS CHULAS

Imagen
As primeiras alumnas colaboradoras van chegando con forza á biblio. Desta volta, as que acoden a clase de literatura universal decidiron agasallarnos coa mostra dunha das súas investigacións. Con material e recursos da biblio, e coa axuda da súa superprofe Manuela Salgado, do departamento de Lingua Castelá, elaboraron unha rigurosa investigación sobre a escrita mesopotámica que plasmaron perfectamente nunhas inscripcións en táboas de arxila. Un marabilloso traballo que chamou a atención de todos e todas.

NADAL NA BIBLIO

Imagen
A que xa cheira a Nadal? A que as vosas casas xa empezan a encherse de luces, grilandas e demais adornos da época, a que no súper xa hai moito que vemos turróns e outros moitos doces? Pois a biblio Vilar Ponte non vai ser menos, e, coa inestimable axuda do alumnado colaborador, que ten validada a hora de música e pasa moitas horas con nós, nos dispuxemos a engalanar a entrada do noso santuario. Iso si, empregando libros. Sin querer esta foi tamén unha actividade de promoción do material da biblioteca e de fomento da lectura porque, a costa de mergullarse nos andeis á busca de libros que esteticamente cumprisen uns obxectivos, atopastes cousiñas que vos chamaron a atención e que levastes para ler nas vacacións.. Nunca tantos préstamos fixeramos fóra do recreo!!!!