Entradas

Mostrando entradas de 2009

As nosas suxestións para o Nadal

Imagen

Club de lectura

Xa sabemos que tardamos moito en ofrecervos novas sobre o Liber amoenus ,o noso club de lectura. Sen embargo, aquí estamos, organizando os distintos grupos. Non esquezas que podes seguir todas as novas no blog. Pica no título desta entrada e irás directamente ao blog.

25 de novembro: TOD@S CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Co noso agradecemento a Loly Lago de Fene. Co noso agradecemento a Gracia.

Anxo Fariña no noso insti!

Imagen
Mañá xoves vainos visitar Anxo Fariña, que como sabedes é un gran deseñador, ilustrador e escritor. Ofrecerá un taller de debuxo ós alumnos de 1º de ESO e, como el mesmo di, dibuxará con palabras e escribirá con debuxos. Os afortunados van levar material para facer os seus bocetos coa axuda do debuxante. Ademáis de polos seus numerosos contos infantís, é moi coñecido pola súa colección de Os Megatoxos dos que hai verdadeiros fans entre os vosos compañeiros. Esperámolo con impaciencia!

Noticias breves

Imagen
Mañá mércores teremos unha exposición de setas na biblioteca. O Departamento de Bioloxía organiza unha saída ó monte A Gañidoira cos alumnos de 1º de Bacharelato coa optativa de Bioloxía e cos de 4º de PDC. A partir das 12'30 expoñerán os exemplares recollidos na biblioteca. Podedes velos só ata o xoves, xa que non aguantarán en bo estado moito máis tempo. Por outro lado, como podedes ver, estamos decorando a biblioteca para celebrar o Samaín . ¡Admitimos suxerencias! Poñeremos un expositor de libros de terror e haberá un contacontos para os alumnos de 1º e 2º de ESO. Irémosvos informando de todo isto. ¡Animádevos a participar!

Bicentenario de Charles DARWIN

Imagen
Co gallo do Bicentenario do nacemento de Charles Darwin e o 150º aniversario da publicación do seu libro A orixe das especies , o Departamento de Ciencias Naturais en colaboración coa biblioteca e o seu obxectivo dinamizador elaborou uns paneis sobre as devanditas efemérides. O panel consta de seis módulos individuais que tratan de diferentes temas relacionados coa evolución das especies ou coa vida de Charles Darwin, utilizando como nexo as letras do seu nome: D (Diversidade) , A (Actualismo) , R (Revelación: a viaxe no "Beagle") , W (Wallace) , I (Idea: a selección natural) e N (Neodarwinismo) . Esperamos que vos guste. Estará enfronte da sala grande da biblio (no corredor da cafetería) ata finais de curso.

Juan Marsé, Premio Cervantes

Imagen
O Premio Cervantes foi instituído en 1974 e é concedido anualmente polo Ministerio de Cultura español a proposta das Academias da Lingua dos países de fala hispana. Está recoñecido como o galardón literario máis importante en lingua castelá e destinado a distinguir a obra global dun autor en lingua castelá cuxa contribución ao patrimonio cultural hispánico teña sido decisiva. O rei de España, Xoán Carlos I, preside a entrega deste galardón que ten lugar no Paraninfo da Universidade de Alcalá o 23 de abril, Día do Libro, de cada ano. Este ano foi adicado a Juan Marsé , autor español nado en 1933. As obras de Marsé sitúanse na súa Barcelona natal, en concreto no barrio de Guinardó (onde se criou) ou noutros próximos a este. En todas elas relata feitos vividos na época de postguerra ou durante o Franquismo. Analiza a degradación moral e social da postguerra, as diferenzas de clase barcelonesa, a memoria dos vencidos, os enfrontamentos entre traballadores e burgueses universitarios e a in

23 de abril, Día do Libro

Imagen
O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e o cronista Garcilaso de la Vega (O Inca). Tamén o 23 de abril naceron -ou morreron- outros escritores sobranceiros como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e aos seus autores, e estimular a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o placer da lectura. O 23 de abril é o día de San Jordi (San Xurxo ou San Jorge) e en Cataluña celébrase dun xeito especial: alí é tradicional que os homes agasallen con rosas ás mulleres e elas lles correspondan cun libro. A nosa celebración deste ano consiste nunha xornada de "portas abertas", na que todo aquel que veña pola biblioteca (a calquera das dúas salas) recibirá de agasallo un libro, un marcapáxinas e un pin. Ademais, é a data escollida para facer a presentación dos catro

A nosa celebración do Día da Terra o 22 de abril

Imagen
Nós queremos conmemorar o Día da Terra desde a biblioteca coa recomendación dunha lectura moi interesante: La Tierra herida ¿Qué mundo heredarán nuestros hijos? de Miguel Delibes y Miguel Delibes de Castro . Nel os dous autores dialogan sobre o papel do home no noso planeta. Miguel Delibes (escritor de recoñecido prestixio e cazador) pregunta ao seu fillo (Doutor en Ciencias Biolóxicas e membro do Consello Superior de Investigacións Científicas) sobre os problemas ecolóxicos aos que se enfronta o Planeta neste novo século. O pai pregunta e o fillo responde con rigor, pero afastado de tecnicismos. Se xa eran ben coñecidas a sinxeleza e a precisión narrativas de Delibes, nesta obra quedan patentes unha vez máis. La Tierra herida é un libro ameno e de fácil lectura , imprescindible para entender o que se nos aveciña se a especie humana non toma conciencia das agresións que está soportando a biosfera do noso planeta.

22 de abril, Día da Terra

Imagen
O Día da Terra é un día festivo celebrado en moitos países. O seu promotor foi o senador estadounidense Gaylord Nelson, que no ano 1962 comenzou a presionar para que o tema do medio ambiente formase parte da axenda gubernamental de John Kennedy. No ano 1970 celebrouse o primeiro Día da Terra o 22 de abril (equinoccio de primavera no hemisferio norte) coa necesidade de crear unha conciencia común aos problemas da contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais para protexer o Planeta. Nesa primeira convocatoria participaron dúas mil universidades, dez mil escolas primarias e secundarias e centenares de comunidades. Con tal presión social ese mesmo ano Richard Nixon creou a Axencia de Proteción Medioambiental e promulgou unha serie de leis coa finalidade da proteción do medio ambiente. A partir de aí, celébrase o Día da Terra. Neste día todos estamos invitados a participar en calquera actividade que promova a saúde do noso planeta , tanto a nivel globa

Día da muller

Imagen
Vimos de retirar da biblioteca a exposición que fixemos co gallo do “Día da muller” o pasado 8 de marzo. Nesa semana todos os alumnos de 1º da ESO pasaron pola sala grande da biblioteca para buscar información sobre mulleres que marcaron a historia. A actividade consistía en ordenar unha serie de “fichas”: unhas tiñan o nome dunha muller sobranceira; outras tiñan a súa foto; outras, algún dato da súa biografía; e as outras, algo destacado da súa obra. Cos datos extraídos a partir de fontes tradicionais –enciclopedias, libros de historia, dicionarios...- e das fontes de información tecnolóxicas, os rapaces ordenaron estas fichas e fixeron un panel que estivo exposto ata agora. Velaquí tedes algunhas fotografías:

O "liber amoenus" está en marcha

Imagen
O pasado día 2 de abril tivemos a primeira reunión do club de lectura (podes seguir toda a información no blog, tes o enlace á dereita). Sobrepasadas todas as nosas expectativas, apuntáronse corenta persoas de 1º de Bac e 4º da ESO e mesmo temos tamén a unha rapaza de 2º de Bac. Iso significa a necesidade dun feixe de libros de Asasinato no Orient Express . E tivemos que recorrer ao préstamo interbibliotecario con outros institutos. Desde aquí queremos agradecer a colaboración dos nosos colegas lectores: - os nosos veciños, o IES María Sarmiento ; - o IES de Fene -e a profe Sandra , de Francés, que nos trouxo os libros-; - o IES de Mondoñedo -e a Arabia e a Ásun -. Grazas a todos .

Vive connosco nun "liber amoenus"

Imagen
Estamos de estreo . Andamos poñendo en marcha o primeiro club de lectura do Vilar Ponte. Xa ten nome, liber amoenus , xa ten membros anotados, de 4º e 1º de Bac, e xa ten blog. E como empezamos ambiciosos, imos comenzar uníndonos ao IES de Foz na lectura dun clásico de tódolos tempos, Asesinato en el Orient Express de Agatha Christie . Primeiro faremos unha reunión no noso centro para comentar a obra e logo unha reunión conxunta a través de vídeo-conferencia, dependendo dos medios do Concello. Tedes o enlace ao blog de liber amoenus na columna do centro. Alí iremos poñendo máis información. Esperamos contar cada vez con máis membros e poder facer grupos doutros cursos. Animádevos!

Outra de felicitacións

Imagen
Outro dos nosos siareiros, Javier Otero Penabad (2º Bac), tamén está de noraboa. A Universidade Francisco de Vitoria de Madrid promove as chamadas Becas Europa , 50 becas para visitar as mellores universidades europeas. Javier optaba a unha delas. Aínda que acabamos de coñecer que non puido conseguir unha destas desexadas becas, debemos felicitalo, pois foi un dos tres galegos seleccionados dos douscentos alumnos de toda España elexidos despois de superar dúas fases eliminatorias. Lembremos que comenzaron o proceso un total de 5500, polo que chegar ata aquí foi un importante logro. NORABOA !

II Liga de Debate

Imagen
A piques estiveron de vencer . Aínda que xa foi en xaneiro, queremos comenzar este blog da biblioteca cunha ben merecida felicitación aos nosos representantes na II Liga de Debate. Como xa sabedes -na foto de dereita a esquerda- Sara Yáñez Soto (2º Bac), David González Martínez (1º Bac), Vanesa González Martínez (2º Bac) e Diego Río Fernández (2º Bac), capitaneados por Anselmo Lorenzo (Historia) e apoiados por Azucena Matilde (Bio) quedaron segundos nesta edición da Liga celebrada en Santiago. Nalgunha ocasión estiveron preparándose na biblio (recoñecedes onde fixeron a foto, verdade?) , polo que é obrigado recordar o papel desenrolado por estes siareiros. Foron superando distintas roldas ata chegar á final. Foi especialmente interesante a semifinal onde venceron, sorprendendo a algúns, ao Colexio Peleteiro de Santiago. Finalmente foron superados polos representantes do IES Rosalía de Castro , tamén da capital compostelá. Por isto, anque felicitando desde aquí aos gañadores, qu