Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Día da Terra

Día da Terra, 22 de abril

Despois da hora do planeta chega o Día da Terra . No ano 1970 celebrouse o primeiro Día da Terra o 22 de abril coa necesidade de crear unha conciencia común aos problemas da contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais para protexer o Planeta. Ne ste día no IES Vilar Ponte, o departamento de ciencias naturais, proxectará unha película sobre o planeta Terra e os efectos e cambios xerados polo home nos derradeiros dous séculos.

A nosa celebración do Día da Terra o 22 de abril

Nós queremos conmemorar o Día da Terra desde a biblioteca coa recomendación dunha lectura moi interesante: La Tierra herida ¿Qué mundo heredarán nuestros hijos? de Miguel Delibes y Miguel Delibes de Castro . Nel os dous autores dialogan sobre o papel do home no noso planeta. Miguel Delibes (escritor de recoñecido prestixio e cazador) pregunta ao seu fillo (Doutor en Ciencias Biolóxicas e membro do Consello Superior de Investigacións Científicas) sobre os problemas ecolóxicos aos que se enfronta o Planeta neste novo século. O pai pregunta e o fillo responde con rigor, pero afastado de tecnicismos. Se xa eran ben coñecidas a sinxeleza e a precisión narrativas de Delibes, nesta obra quedan patentes unha vez máis. La Tierra herida é un libro ameno e de fácil lectura , imprescindible para entender o que se nos aveciña se a especie humana non toma conciencia das agresións que está soportando a biosfera do noso planeta.

22 de abril, Día da Terra

O Día da Terra é un día festivo celebrado en moitos países. O seu promotor foi o senador estadounidense Gaylord Nelson, que no ano 1962 comenzou a presionar para que o tema do medio ambiente formase parte da axenda gubernamental de John Kennedy. No ano 1970 celebrouse o primeiro Día da Terra o 22 de abril (equinoccio de primavera no hemisferio norte) coa necesidade de crear unha conciencia común aos problemas da contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais para protexer o Planeta. Nesa primeira convocatoria participaron dúas mil universidades, dez mil escolas primarias e secundarias e centenares de comunidades. Con tal presión social ese mesmo ano Richard Nixon creou a Axencia de Proteción Medioambiental e promulgou unha serie de leis coa finalidade da proteción do medio ambiente. A partir de aí, celébrase o Día da Terra. Neste día todos estamos invitados a participar en calquera actividade que promova a saúde do noso planeta , tanto a nivel globa...