Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2022

DICIONARIO VISUAL DE VERBAS EN PERIGO DE EXTINCIÓN

Imagen
Cantos de vós empregades palabras como "garatuxa" ou "cansavacas"? Ninguén, verdade? Pois con esta actividade tan chula a rapazada de 2º de ESO intentou deixar constancia desas verbas que se están a perder e que son tan chulas.

BAILANDO TERRA

Imagen
Cantas veces escoitamos esta canción? Como estes días foron de festa, non hai como fsetexalo bailando, e se é baile do noso, mellor que mellor, sobre todo se o que queremos festexar é precisamente a nosa cultura. A profe de música estivo ensaiando esta coreografía co seu alumnado de 3ª de ESO. Que vos parecen estes grandes bailaríns?

SEMANA CULTURAL

Imagen
Este ano si que si. Este ano imos celebrar a semana cultural entre o 12 e o 20 de maio. Onte comezou esa semana á que tantas ganiñas lle tiñamos no equipo da biblio coa celebración do día da muller nas matemática e fixémolo cunha xincana matemática pensada para primeiro ciclo. Encantouvos, pero a nós tamén.

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN A VOLTA COAS PALABRAS

Imagen
Onte foi un día especial para a gran familia da Microrrede de A Mariña. Por fin, despois de dous anos sen xuntarnos, volvemos sentir esas bolboretas de nervos, pois onte inauguramos unha nova exposición de traballo colaborativo, un traballo no que levamos inmersos e inmersas varias semanas e que por fin podemos disfrutar na sala multiusos do concello de Viveiro. Durante estes días haberá unha interesante oferta cultural, que podedes consultar aquí.

CAMPIONATO DE KAHOOTS

Imagen
Esta semana pasada, nos recreos, tivo lugar o III Campionato de Kahoots, por equipos na ESO e individual en bacharelato, xa que vos apuntantes moitos menos. Sodes uns aburridos!!! Estes son os gañadores!!!!

GAÑADORES DO CERTAME LITERARIO LUZ POZO GARZA

Imagen
Onte tamén entregamos os premios do II Certame literario. Noraboa aos premiados, que tiveron máis que merecido ese vale que podern desfrutar na cafetera do centro ou, se o prefiren, en libreras e papelerías da vila.

DENDE VIVEIRO PARA O MUNDO

Imagen
Estes días, os motores da biblio están a todo meter!!!!! Estamos rematando de preparar a nosa aportación para a exposición da Microrrede da Mariña, que terá lugar en Viveiro a semana do 9 ao 13 de maio. Nas aulas de educación plástica, están a preparar o formato: elaborando e recortando en vinilo un mapamundi que formará o centro do cadro e creando un marco en papel maché con algunha sorpresa oculta. Na biblio, mentres tanto, proxectamos diferentes tipos de vídeos para contar as lendas que coñecemos desde pequeniños e que reflicten a variedade cultural que temos a sorte de ver a diario polos nosos corredores.