Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2019

MICRORREDE DA MARIÑA

Imagen
Boas!!!! O martes que vén comezan os actos que a Microrrede da Mariña levan a cabo. Este ano todo xirará en torno á poesía que sentimos. Ademais da exposición de traballos feitos en case todos os centros PLAMBE da Mariña, están programadas actividades chulísimas para os tres días. Non os podes perder!!!!!

AXÚDANOS A MELLORAR

A vosa opinión conta e moito para nós. Agora que se acerca o final de curso, gustaríanos que nos deixásedes un comentario acerca do noso traballo este ano. Cal das actividades da biblio foi a que máis vos gustou? Cal a que menos? Gustaríache que se repetise algunha? Vós diredes!!!!!

NOVA ZONA DE LECTURA

Imagen
Este curso, pensamos en renovar, aínda que so fora un pouco, a sala de lectura do edificio II, onde normalmente se atopa o alumnado de 1º e 2º de ESO. Por iso, ideamos un rincón de lectura e esparcimento para que, a estancia nesa sala da biblio fora máis cómoda. De momento está a ser todo un éxito. So falta encher os expositores cos vosos libros favoritos A disfrutalo moito!!!!!

O MES DO LIBRO

Imagen
Boas de novo! Despois de tanto tempo ser aparecermos por aquí, qué mellor forma de retomar o contacto que contándovos as actividades que temos feito neste pasado mes de abril: o MES DO LIBRO. Para comezar, un marabilloso grupo de rapazas e rapaces de 1º da ESO prepararon unha serie de contos que, de moi diversas formas, contaron ás nenas e nenos do cole San Roque. Houbo de todo: monicreques, kamishibai, representacións... Como disfrutamos, tantos nós, coma eles!!!!     Grazas ás rapazas e rapaces que participastes, pero tamén ás profes do cole San Roque pola súa disponibilidade, especialmente a Mercedes, e, sobre todo, ás nenas e nenos de 3 anos, que nos sorprenderon cun recital de poesía. Que marabillosas son as colaboracións entre centros, a convivencia interxeracional e A POESÍA!!!!!!!!    Días despois, e aproveitando que xa nos chegaron os datos dos novos usuarios ELBE, fixemos una sesión de formación para aprender a empregar est