Entradas

Mostrando entradas de abril, 2022

CONTACONTOS NO SAN ROQUE

Imagen
Antes de que aparecese o bicho este que nos mantivo na casa dous anos, cada curso un grupo de alumnos e alumnas voluntarios ía ao cole de infantil San Roque para facer unha sesión de contacontos. Tratábase dunha actividade xenial, moi gratificante e enriquecedora. Este curso, como non puidemos ir, fixemos unha videochamada ao cole para contarlles O cociñeiro Martiño a eses pequenos e pequenas tan agradecidos. Como nos prestan estas contadas e... canto poder ten a palabra!!!!!! Como non puidemos facer fotos, que precisamos o móbil para conectarnos co cole, subimos aquí a que nos fixeron eles!

MES DO LIBRO

Imagen
Hoxe comeza o mes do libro e temos preparadas para vós dúas actividades que seguro que vos encantan: a segunda entrega do certame literario Luz Pozo Garza, que comezou o curso pasado, e un campionato de kahoots literarios, xa que non o puidemos celebrar en xaneiro. Por si non vistes os carteis coas bases e instruccións en Instagram ou nos corredores do instituo, aqu volos deixamos tamén.