Entradas

Mostrando entradas de 2017

INTENSA SEMANA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Imagen
Desde o pasado día 20 ata o día 27 de novembro, os alumn@s do centro participaron activamente enchendo globos de cor morada con mensaxes contra a violencia de xénero. A biblioteca tinguiuse de morado e os globos estouraron simbolicamente para facérense escoitar. Tamén se foi tivo o seu impacto a curtametraxe El orden de las cosas , que foi visionada tanto na biblioteca coma nas aulas. Unha selección de libros sobre a temática tamén foi exposta e consultada por curios@s lectores. Ademais, desde o departamento de francés traballouse co conto La cenicienta que no quería comer perdices , que loce no pasillo do primeiro andar. Os alumn@s expresaron as mensaxes e pegáronnas a carón das páxinas do conto. Foi unha semana intensa e moi reivindicativa con respecto a esta lacra. Gracias pola participación e implicación de profes, alumn@s e persoal do centro!                                                                   

ESTOURIDOS DE MENSAXES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Imagen
Durante esta semana, na que o día 25 é o Día contra a violencia de xénero, desde a biblioteca e tamén desde todo o ámbito escolar traballarase na difusión de mensaxes sobre o tema. Pero estas mensaxes, para facérense oír (dun xeito simbólico), será introducidas en globos que, tras seren colgados por toda biblioteca, serán estourados ó final da semana. Unha selección de libros sobre a violencia de xénero ten un espazo dedicado. Coma actividade complementaria, visionarase a curmetraxe El orden de las cosas.

Xornada de dinamización da biblioteca

Imagen
O 24 de outubro conmemorouse o Día das Bibliotecas Escolares . Por iso, nesa semana aprobeitamos para achegar o funcionamento da nosa biblioteca ós alumnos e alumnas de 1º da ESO. Para facelo máis ameno, propuxemos un "rosco" de Pasapalabra con termos relativos ós libros e ás bibliotecas. O espíritu competitivo emerxeu de seu entre distintos cursos que quixeron ser os que máis souberan sobre a materia. Ademais, tamén participaron nestas xornadas alumnos de 2º da ESO, que realizaron o xogo en inglés; e, tamén, de 1º de Bacharelato, que o fixeron en francés. ¡Grazas pola vosa participación!