Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2023

Correlingua 2023

Imagen
O alumnado viaxou ata Vilanova de Lourenzá para realizar o Correlingua pola vila natal de Francisco Fernández del Riego.  Realizaron o percorrido gritando o lema de " Na casa, na escola, bota a lingua fóra! Acto seguido, disfrutaron da música coa Mekánika Rolling Band. 

Roteiro Literario Francisco Fernández del Riego

Imagen
  O alumnado de 1º de ESO fixo o roteiro literario de Francisco Fernández del Riego, as 9 paradas designadas polo Concello de Lourenzá e que o alumnado de 4º e 1º de BAC expuxeron no corredor da biblioteca.  A ponte da pedra, foi unha das súas paradas favoritas. 

Letras Galegas 2023: Francisco Fernández del Riego

Imagen
  Despois das xornadas do club de lectura, o alumnado recreou un roteiro literario polos puntos que visita Francisco Fernández del Riego na súa obra Lourenzá.  A través dun código QR o alumnado do centro podería ver, punto por punto cada parada do roteiro e logo, o alumnado de 1º de ESO foi o que puido facer in situ o propio roteiro.  Ademáis, houbo unha exposición con todas as obras do autor: O cego de Pumardedón, Lourenzá, ....

Scape Room na biblioteca

Imagen
As alumnas do club de lectura de 2º de BAC no seu derradeiro luns de club, fixeron un Scape Room do Oriente Express. Tiveron 90 minutos para sair do vagón!

Despedida das voluntarias de 2º de BAC

Imagen
Son moitas as horas adicadas á biblioteca por parte dos voluntarios en xeral, pero estas tres persoiñas, adicaron tantas horas a este recuncho que son capaces de saber cantos exemplares hai de cada libro das lecturas obrigatorias dos derradeiros anos.  Elas son Sabe, Eva e Noa, tres alumnas incansables que adicaron cada minuto de lecer a mellorar a calidade da biblioteca, a dinamizar actividades, a crear contido, a brindarlle luz aos libros que estaban máis escondidos.  Hoxe despedímolas na derradeira comida do club de lectura cun agasallo, un deses tantos libros que querían ler cando a ABAU rematara.  Sentímonos tan orgullosas da súa labor que agardamos que lles vaia fenomenal na próxima andaina na que se somerxan. Grazas por acompañarnos todos estos anos na biblioteca, vaivos botar moito de menos!

Representación de O enfermo imaxinario

Imagen
     A representación foi levada a cabo despois dun longo traballo por parte do alumnado de Literatura Universal. O alumnado creou detalles para os seus persoaxes: un bigote, un fonendo, un lazo de cartolina,...) e representárono con moito sentimento. Os vídeos da representación podedes velos en historias destacadas no noso instagram. 

Reetiquetación KOHA

Imagen
 Durante todo o curso estivemos ensinando ao alumnado que tiña horas libres a reetiquetar os libros. Queda un último empuxón e rematamos a reetiquetación dos maís de 10.000 exemplares que temos na biblioteca. Así como todo o material que había expurgado.

A exposición da Microrrede " EscribirArte na Mariña na prensa

Imagen
 A prensa faise eco da exposición creada pola Microrrede de Bibliotecas escolares da Mariña

Conto colaborativo na Microrrede da Mariña

Imagen
  Para a exposición da Microrrede, este ano, decidimos elaborar un conto colaborativo que foi rotando de centro en centro durante todo o curso.  Cada centro debía realizar duas caras do conto, no que a modo de acordeón se irían unindo as páxinas e creando unha historia.  O alumnado do noso centro, un dos últimos en recibir o conto, decidiu adaptar a obra ao seu entorno, xa que a recibimos unha semana antes de Semana Santa.  A obra presentaba moitos animais que se foron coñecendo ao longo da historia e como non ía ser menos, viaxaron a Viveiro para ver un dos nosos grandes atractivos culturais " A Semana Santa viveirense".  Así foi como comezou todo... os animais chegaron a viveiro e foron guiados por Ramón e Antón, os irmáns Vilar Ponte, guias turísticos que presentaban a posibilidade de facer un roteiro en 4 idiomas diferentes ( a través dos códigos QR).  Os irmáns Vilar Ponte, eran en sí mesmos, dous animais máis que se unían á historia en forma de figura de Regal e que bri

Otium Romanum: A obra creada para a Exposición da Microrrede

Imagen
  🏛️🏛️Otium Romanum🏛️🏛️ A exposición EscribirArte na Mariña acaba de inaugurarse e a nosa obra Illic et nunc: O ocio na Roma antigua cun enfoque moderno 🏺 xa está dispoñible para que a poidades ir a ver xunto coas 15 obras máis, a cal máis entusiasta e incríble.✨  O alumnado de Cultura Clásica en colaboración coa coordinadora da biblioteca escolar e a súa profesora Nuria crearon unha obra que  fantasea en cómo sería o ocio romano na actualidade. ✨ Si, como sería ver a Fernando Alonso nunha carreira de cuádrigas? Canto pagarías para ver un combate de gladiadores ao máis puro estilo de Ibay Llanos nas súas veladas? Unha proposta semanal de eventos narrados baixo os magníficos oradores de Oratoria, que puxeron voz a estes espectáculos romanos do siglo IV.  Tablón de anuncios do Ocio Romano

Exposición da Microrrede "EscribirARTE na biblioteca escolar"

Imagen
  Este Luns inauguramos a exposición  Na tarde do luns, 8 de maio, realizamos o acto inaugural da Exposición Conxunta  "Escribir ARTE na Mariña ". Nesta ocasión, acompáñanos no acto de inauguración Dª María Loureiro García, alcaldesa do Concello de Viveiro, Dª María José Gómez Rodríguez, xefa territorial de Educación en Lugo, Carmen Areán Vázquez do Servicio territorial de Inspección educativa de Lugo. Dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares, estivo connosco Dª Beatriz González Blanco, asesora da Zona Norte. Representantes dos equipos directivos dos centros educativos participantes e as coordinadoras/es dos proxectos. Facendo a función de Mestres de Cerimonias Marcos e Ana, coordinadores das bibliotecas do IES María Sarmiento e do IES Vilar Ponte respectivamente; con gran ilusión e abrumados pola gran acollida, demos por inaugurada a duodécima convocatoria da MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA. Nesta primeira xornada contamos con Primitivo Marcos Ferreiro, artista viveirense, falou

Reunión previa á exposición da Microrrede da Mariña

Imagen
  Hoxe, os membros da microrrede reunímonos para facer a última achega da exposición: EscribirArte na Mariña. Obras expostas e un traballo colaborativo que agardamos que sexa do voso agrado. ✨ Lembrade, inauguración o próximo Luns ás 18:30 no Salón Multiusos do Concello de Vieiro! #microrrede   #bescolaresgal   #bescolaresgalabertas

Duodécima exposición da Microrrede da Mariña!

Imagen
  Nova exposición da Microrrede da Mariña! 📍Salón Multiusos do Concello de Viveiro 🗓️Entre o 8 e o 11 de Maio. 🖌️ Deseño do cartel: Claudia García López 📚Membros:  @iesperdouro   @bibliomontecastelo   @bibliosaron   @ceipdecovas   @eei.sanroque   @ceipceleiro   @bibliogaldo   @ceip.pedro.caselles.rollan   @ceip_de_cervo   @ceipp_vistaalegre_burela   @bibliomasa   @bibliovilarponte   @biblioalfozvaladouro   @biblioteca.eoiribadeo   @ceipgregoriosanz   @ceip_o_vicedo  CEIP Península da Paz CEP Loís Tobío #bescolaresgal   #bescolaresgalabertas   #microrrededamariña   #exposición