Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2013

21 de marzo: DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Imagen
Estade atentos. Á volta das vacacións de Semana Santa teremos preparada a exposición que elaborou o grupo de 1º ESO D para lembrar que o 21 de marzo é o Día da Poesía . Esta actividade inscríbese nunha moito máis grande organizada polas bibliotecas escolares dos centros de Viveiro e de Xove, que leva por nome UNHA PRIMAVERA DE POEMAS . Axiña veredes polo ies as nosas especiais "abellas" anunciando a primavera cun poema.

21 de febreiro: Día Internacional do Idioma Materno

Imagen
No ano 1999 a Conferencia Xeral da UNESCO proclama o 21 de febreiro como "Día Internacional do Idioma Materno". Co gallo desta conmemoración, na sala de lectura do edificio II do noso centro tivo lugar unha pequena recitación de poemas nas distintas linguas maternas dalgúns dos nosos alumnos, apoiados polos auxiliares de conversa que neste curso nos acompañan. Estes foron os textos escollidos: Drew (auxiliar de conversa de inglés): Strange Restaurant. Judit (auxiliar de conversa de francés): La nuit. Adrián López e Ángela Martínez Sarmentero leron en francés Paris, reine du monde . India Stainton , en inglés, Las montañas de Inglaterra. Nastia Shmidt , en ruso, Sentimientos. Cintia Barría , en portugués, Amor de madre por su hijo. Emanuel Mihai , en rumano, Pajaritos dormilones. Brais González , en galego, Chanchanhuí . Elena Insua , Andrea Fernández e Gerardo Veiga , en español, A Margarita Debayle . E velaquí tedes a presentación que fixo

FORMACIÓN DE USUARIOS DA NOSA BIBLIO

25 de novembro: Día en contra da Violencia de Xénero

8 de marzo: Día da muller

O vindeiro 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller. Grazas ao estupendo traballo do alumnado de PDC do IES Frei Martín Sarmiento, podemos coñecer algo máis sobre algunhas das mulleres galegas de prestixo. Co noso agradecemento e parabéns, compartimos o seu espléndido traballo, que, unha vez máis, demostra a xenerosidade que hai entre as bibliotecas escolares de Galicia.   Mulleres galegas from ies frei martin sarmiento on Vimeo .