Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2022

DÍA DO TEATRO

Imagen
Se o outro día festexabamos o día da poesía, antonte foi o do teatro. O grupo de alumnas voluntarias que acode a clases de Literatura Universal, axudadas e capitaneadas pola sa profe Manuela, acudiu á biblio para preparar unha expo en que mostrasen todo o seu coñecemento dun grande do xénero: Shakespeare. Decidiron facelo en globos, onde colocaron debuxos, grandes frase que pasaron á historia e un código QR que esconde un resumo das principais obras do autor. Todo un traballazo que chamou a atención de todo canto pasaba por diante da porta da biblio

DÍA DA POESÍA

Imagen
Polo da da poesía, que mellor que mesturar as dúas actividades que máis vos gustan? E é que os sentimentos, as vivencias e os pensamentos se poden transmitir a través da palabra, pero tamén das imaxes. Así, a partires de poemas escollidos polo seu profesor de lingua galega, os rapaces e rapazas de 4º de ESO propuxeron estas obras mestras que decoran o corredor do primeiro andar do edificio 1. Porque as imaxes, tamén son poesía!!!!

MARUJA MALLO: VIVEIRESA UNIVERSAL

Imagen
Este ano, dende o Concello de Viveiro, solicitaron aos centros educativos da vila que traballásemos a figura de Maruja Mallo para festexar o día da Muller traballadora e, deste modo, adicarllo á mesma figura. No noso IES, dende a biblio, quixemos aportar o nos gran de area. Así, a rapazada de 2º de Bac con materias convalidadas, adaptou unha biografía da artista e elaborou un vídeo presentación que pasamos aos coles da zona. Cónstanos que algún o empregou para dar a coñecer a vida desta gran viveiresa!!!!

PREPARAMOS O 8-M?

Imagen
Estes días, nas titorías estivestes a ver unha curta que, dende a biblio, recomendamos ás vosas titoras. Xa reflexionastes sobre os traballos femininos e a súa dureza en moitos casos, sobre a fenda de xénero e os teitos de cristal. Agora imos deixar constancia gráfica das mulleres traballadoras fotografando as súas mans. Propoñemos, como xa vos avisaron, un concurso de fotografía para encher os nosos corredores de mans que traballan, de mans de muller.