Entradas

Mostrando entradas de 2023

Bo Nadal

Imagen
 

Calendario de Advento: 24 de Decembro.

Imagen
  Xa é Noiteboa! Nesta cuarta entrega da serie de Tonya Hurley, Charlotte Usher terá ocasión de valorar a súa propia vida... aínda que sexa no Máis alá. Este exemplar de Gohstgirl está á vosa disposición na biblioteca, non dubidedes en solicitalo! #bescolaresgal   #bescolaresgalabertas   #plambe   #calendarioadvento   #calendarioadvientoliterario

Calendario de Advento: 23 de Decembro.

Imagen
  A primeira tarde despois de Nadal, Marta e Nacho reciben unha sorpresa: irán a casa da tía Melinda, á que nunca viron. Marta sabe que ela garda un gran secreto, pois, oculta tras o sofá, escoitou unha estraña conversación entre a súa avoa e a súa nai, e quere descubrilo. Cando chegan a casa de Melinda, os reloxos paran e a aventura comeza: desexos que se cumpren, portas misteriosas, personaxes fantásticos e unha chave. Se queredes saber como continua, esta obra de Marta Rivera de la Cruz está dispoñible na nosa biblio: solicítaa! #bescolaresgal   #bescolaresgalabertas   #plambe   #calendarioadvento   #calendarioadvientoliterario

Calendario de Advento: 22 de Decembro.

Imagen
 Mensaxe especial da cafetaría! A nosa querida Marlén declárase lectora fiel de Almudena Grandes. El corazón helado traza un panorama emocionante da historia recente de España, e tamén do conflito coa memoria das novas xeracións. Álvaro e Raquelestán condenados a atoparse porque as súas respectivas historias familiares (que son tamén a historia de moitas familias en España, desde a Guerra Civil ata a Transición) forman parte de si mesmos e explican as súas orixes, o seu presente. Tamén porque, sen sabelo, sentirán atraídos sen remedio. #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #plambe #calendarioadvento #calendarioadvientoliterario

Calendario de Advento: 21 de Decembro.

Imagen
  Colmillo blanco é unha novela do escritor estadounidense Jack London. A historia transcorre no Territorio do Yukón (Canadá), durante a febre do ouro de Klondike, a finais do século XIX. Narra o camiño cara á domesticación dun can lobo salvaxe. Se vos gustan os animais, non dubidedes en solicitar un exemplar na biblioteca! Tamén podedes consultar a adaptación ao cine na web de RTVE. #bescolaresgal   #bescolaresgalabertas   #plambe   #calendarioadvento   #calendarioadvientoliterario

Calendario de Advento: 20 de Decembro.

Imagen
  Desde 3º da ESO recoméndannos esta novela de Lucy Maud Montgomery. Adaptada ao cine, á televisión, ao anime e mesmo ao musical, Ana de las tejas verdes é un canto á importancia da familia, a amizade e os soños. Foi a obra que serviu de inspiración para Anne with an E, serie dispoñible en Netflix. #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #plambe #calendarioadviento #calendarioadvientoliterario

Calendario de Advento: 19 de Decembro.

Imagen
  Entre Samaín e Nadal, nada mellor que Pesadilla antes de Navidad. Esta obra de Daphne Skinner adapta a película homónima dirixida por Tim Burton, que seguro xa coñecedes. Nela, Jack Skellington sente a necesidade de descubrir outros mundos máis alá do Samaín, onde é o rei. Xa está dispoñible para solicitar na biblioteca, non o perdades! #bescolaresgal   #bescolaresgalabertas   #plambe   #calendarioadviento   #calendarioadvientoliterario   #timburton   #jackskellington   #disney

Calendario Advento: 18 de Decembro.

Imagen
  Desta volta tócalle ao departamento de Francés. As nosas compañeiras consideran Les Misérables un clásico indispensable para calquer época do ano. Victor Hugo formula nesta novela un debate sobre o ben e o mal, a política, a ética, a lei, a xustiza e a relixión, tendo como telón de fondo o París de 1832. #bescolaresgal   #bescolaresgalabertas   #plambe   #calendarioadviento   #calendarioadvientoliterario   #lesmiserables   #victorhugo   #frances

Calendario de Advento: 17 de Decembro.

Imagen
  A entrada de hoxe é especial, pois é unha recomendación do alumnado. Desde 1º de Bacharelato chéganos Las alas de Sophie, unha novela de Alice Kellen na que descubrimos que os comezos despois dun adeus son posibles. Se queredes coñecer esta historia, solicitade un exemplar na biblioteca! #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #plambe #calendarioadviento #calendarioadvientoliterario #alicekellen

Calendario de Advento día 15 de Decembro.

Imagen
  David Copperfield é a oitava novela do autor Charles Dickens, a terceira neste calendario de advento. Trátase dunha novela de aprendizaxe, concepto co que moitos/as de vós xa estades familiarizados/as. O protagonista cóntanos as súas aventuras e como foron axudándolle a medrar como persoa. #bescolaresgal   #bescolaresgalabertas   #plambe   #calendarioadviento   #calendarioadvientoliterario   #davidcopperfield   #charlesdickens

Calendario de Advento:14 de Decembro.

Imagen
  Cuentos de Navidad, de María Dolores Cortey, é unha seleción de relatos natalicios feita pola autora. Moi recomendable para esta época do ano, non dubidedes en botarlle un ollo! #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #plambe #calendarioadviento #calendarioadvientoliterario

Calendario de Advento: 13 de Decembro.

Imagen
  Oliver Twist é unha novela de Charles Dickens. É a historia da loita por progresar na vida e das ansias por atopar un sitio na sociedade, pois o noso protagonista é orfo na Inglaterra victoriana. Se queredes coñecelo mellor, solicitade un exemplar na biblio! #bescolaresgal   #bescolaresgalabertas   #plambe   #calendarioadviento   #calendarioadvientoliterario

Calendario de Advento: 12 de Decembro.

Imagen
  Mensaxe especial do departamento de Lingua Galega. Vanesa recoméndanos Senlleiras, de Antía Yáñez, unha novela das mulleres que rachan co silencio, mulleres únicas que merecen ser recordadas. Queredes saber que teñen en común a historia de varias mulleres de diferentes séculos? Solicitade un exemplar na biblio e desfrutade da lectura! #bescolaresgal   #bescolaresgalabertas   #plambe   #dinamizaciónlingüística   #calendarioadviento   #calendarioadvientoliterario   #literaturagalega   #literaturagalegacontemporánea

Calendarios de Advento: 11 de Decembro.

Imagen
  Las Crónicas de Narnia: El león la bruja y el armario é a segunda entrega da saga de libros escritos por C.S. Lewis. Nel vivimos as aventuras de Lucy, Edmund, Susan e Peter, catro irmáns que chegan ao reino de Narnia a través da porta dun armario máxico. Queredes descubrir máis? Achegádevos a solicitar o libro ou a adaptación ao cine! #bescolaresgal   #bescolaresgalabertas   #plambe   #calendarioadviento   #calendarioadvientoliterario   #narnia   #disney

Calendario de Advento: 10 de Decembro.

Imagen
  Charlie e a fábrica de chocolate é unha novela escrita polo autor inglés Roald Dahl. Cóntanos a historia de Charlie Bucket e como cambiou a súa vida tras coñecer a Willy Wonka. Xa a lichedes? Ao mellor víchedes a película. Ademais, o pasado 6 de decembro estreouse en cines Wonka, filme protagonizado por Timothée Chalamet, Hugh Grant e Rowan Atkinson, entre outros. #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #plambe #calendarioadviento #calendarioadvientoliterario #wonka #charlieylafabricadechocolate

Calendario de Advento: 9 de.decembro.

Imagen
  Sabiades que existe unha Carapuchiña Vermella eléctrica? Pois si e escribiuna Janosch, así como outros contos dos irmáns Grimm, so que o fixo ao seu xeito e coas súas propias ilustracións. Queredes coñecer esta e outras versións dos contos? Pasade pola biblioteca e consultade a recomendación de hoxe! #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #plambe #calendarioadviento #calendarioadvientoliterario #grimm #janosch

Calendario de Advento: 8 de Decembro

Imagen
  A recomendación de hoxe chega desde o departamento de matemáticas. Liber proponnos O infinito nun xunco, un libro sobre os libros. Os libros e a súa historia, os libros e o seu nacemento, os libros e o seu impacto social. #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #plambe #calendarioadviento #calendarioadvientoliterario

Calendario de Advento: 7 de Decembro.

Imagen
 A obra de hoxe non necesita introdución. Harry Potter xa é un clásico de Nadal e, na nosa biblio, podedes atopar tódolos libros, en galego e castelán, ademais das películas. E vós, de que casa de Hogwarts sodes? Aqui unha de Ravenclaw 💙 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #plambe #calendarioadviento #calendarioadvientoliterario #harrypotter

Calendario de Advento: 6 de Decembro.

Imagen
 Esta nova entrega do calendario está adicada a aquelas persoas amantes do misterio. Cartas de inverno é unha novela escrita por Agustín Fernández Paz, mais na nosa biblio contamos tamén coa adaptación a banda deseñada, feita por Antonio Seijas. #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #plambe #calendarioadviento #calendarioadvientoliterario #dinamizaciónlingüística #literaturagalega

Calendario de Advento: 5 de Decembro.

Imagen
  Mª Dolores Hermida adapta na Vendedora de Mistos un conto de fadas de Nadal do escritor e poeta dinamarqués Hans Christian Andersen, coñecido polos seus contos para nenos. Un clásico de Nadal que non podedes perder! #bescolaresgal   #bescolaresgalabertas   #plambe   #calendarioadviento   #calendarioadvientoliterario   #dinamizaciónlingüística

Calendario de Advento: 4 de Decembro.

Imagen
 Xa coñecíades Madonna e outros contos de inverno? Manuel Rivas reuniu neste libro oito dos seus contos que teñen o inverno e o Nadal como pano de fondo, tanto no presente como nas lembrazas dos personaxes. #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #plambe #calendarioadviento #calendarioadvientoliterario #dinamizaciónlingüística

Calendario de Advento: 3 de Decembro.

Imagen
  Mujercitas é unha novela da escritora estadounidense Louisa May Alcott. Trata a vida de catro nenas que, tras pasar a adolescencia coa Guerra Civil, se converten en mulleres. Na nosa biblioteca contamos tanto coa novela, como coa adaptación ao cine. #bibliotecasescolaresdegalicia #bescolaresgalabertas #bescolaresgal #plambe #calendarioadviento #calendarioadvientoliterario

Calendario de Advento: 2 de decembro

Imagen
 Para este segundo día de advento, a nosa proposta é Ana Karenina. Trátase dunha novela do autor ruso León Tolstói. É considerada unha das mellores obras literarias por moitos expertos literarios. Concretamente, a nosa recomendación é a adaptación ao cine do director Joe Wright. #bibliotecasescolaresdegalicia #bescolaresgalabertas #plambe #calendarioadviento #calendarioadvientoliterario

Calendario Adviento: 1 de Decembro.

Imagen
  Comeza a conta atrás! Retomando a tradición iniciada o curso pasado, empezamos o calendario de advento literario deste ano. Cada día teremos unha recomendación diferente, que formará parte da exposición que teremos na entrada da biblio. Estrenamos calendario con Un conto de Nadal, de Charles Dickens, un clásico inesquecible da literatura universal, ambientado no Londres victoriano. #bibliotecasescolaresdegalicia   #bescolaresgalabertas   #plambe   #nadal   #calendarioadviento   #calendarioadvientoliterario