Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2009

Vive connosco nun "liber amoenus"

Imagen
Estamos de estreo . Andamos poñendo en marcha o primeiro club de lectura do Vilar Ponte. Xa ten nome, liber amoenus , xa ten membros anotados, de 4º e 1º de Bac, e xa ten blog. E como empezamos ambiciosos, imos comenzar uníndonos ao IES de Foz na lectura dun clásico de tódolos tempos, Asesinato en el Orient Express de Agatha Christie . Primeiro faremos unha reunión no noso centro para comentar a obra e logo unha reunión conxunta a través de vídeo-conferencia, dependendo dos medios do Concello. Tedes o enlace ao blog de liber amoenus na columna do centro. Alí iremos poñendo máis información. Esperamos contar cada vez con máis membros e poder facer grupos doutros cursos. Animádevos!

Outra de felicitacións

Imagen
Outro dos nosos siareiros, Javier Otero Penabad (2º Bac), tamén está de noraboa. A Universidade Francisco de Vitoria de Madrid promove as chamadas Becas Europa , 50 becas para visitar as mellores universidades europeas. Javier optaba a unha delas. Aínda que acabamos de coñecer que non puido conseguir unha destas desexadas becas, debemos felicitalo, pois foi un dos tres galegos seleccionados dos douscentos alumnos de toda España elexidos despois de superar dúas fases eliminatorias. Lembremos que comenzaron o proceso un total de 5500, polo que chegar ata aquí foi un importante logro. NORABOA !

II Liga de Debate

Imagen
A piques estiveron de vencer . Aínda que xa foi en xaneiro, queremos comenzar este blog da biblioteca cunha ben merecida felicitación aos nosos representantes na II Liga de Debate. Como xa sabedes -na foto de dereita a esquerda- Sara Yáñez Soto (2º Bac), David González Martínez (1º Bac), Vanesa González Martínez (2º Bac) e Diego Río Fernández (2º Bac), capitaneados por Anselmo Lorenzo (Historia) e apoiados por Azucena Matilde (Bio) quedaron segundos nesta edición da Liga celebrada en Santiago. Nalgunha ocasión estiveron preparándose na biblio (recoñecedes onde fixeron a foto, verdade?) , polo que é obrigado recordar o papel desenrolado por estes siareiros. Foron superando distintas roldas ata chegar á final. Foi especialmente interesante a semifinal onde venceron, sorprendendo a algúns, ao Colexio Peleteiro de Santiago. Finalmente foron superados polos representantes do IES Rosalía de Castro , tamén da capital compostelá. Por isto, anque felicitando desde aquí aos gañadores, qu