A biblioteca do IES Vilar Ponte volve poñerse en marcha un curso máis, con ilusión renovada e moitas ganas de encher este espazo de lecturas, encontros e novas propostas. Durante este curso, a biblioteca permanecerá aberta tódolos recreos , para que poidades achegarvos cando queirades a ler, buscar información, consultar materiais, xogar a algún dos nosos xogos de mesa ou simplemente disfrutar dun tempo tranquilo. Estamos tamén a preparar os clubs de lectura deste curso 2024-2025. Se vos gusta ler e compartir opinións, é unha boa oportunidade para coñecer xente nova, descubrir libros interesantes e participar dun espazo de diálogo e reflexión arredor da lectura. Ademais, buscamos voluntarios e voluntarias de biblioteca , estudantes con interese por colaborar na organización, nas actividades e na dinamización deste espazo. O voso apoio é fundamental para que a biblioteca siga sendo un lugar vivo, participativo e aberto a toda a comunidade educativa. Animámosvos a ...
Benvid@ ao blog da biblioteca do IES Vilar Ponte de Viveiro (Lugo)