Saltar ao contido principal

Publicacións

12 de maio. DÍA ESCOLAR DAS MATEMÁTICAS

Os profes de Mate están empeñados en convencernos de que as Mates son divertidas . Para iso, co gallo do Día Escolar das Matemáticas o 12 de maio, teñen unha interesante exposición na biblio que durará ata a semana que vén. Isto é o que se pode ver desde hoxe en D1V3RT1-MAT3S E ademais, podes ver nos recreos a seguinte presentación sobre algún dos xogos matemáticos máis interesantes: Diverti+mates View more presentations or Upload your own. Tal foi o éxito neste primeiro día que na biblio houbo un auténtico rebumbio nos dous recreos, facendo firme competencia ao número de visitantes da cafetería: Esperamos que nos vindeiros días non vola perdades!

Sempre actual

En un lugar de la Mancha View more presentations from atalvarez1706 .

"El fabricante de pelucas"

Traemos hoxe unha curta de de Steffen Schäffler do ano 2000, inspirada nun texto de Daniel Defoe sobre a peste. Invita á reflexión:

"O soldadiño de chumbo"

Hoxe traemosvos esta curtametraxe. Trátase dunha curta producida por Continental Animación e Algarabía e dirixida por Virginia Curiá e Tomás Conde. Xa recolleu varios premios: no Festival Rec 09 (Ribadedeva en Corto), celebrado na localidade asturiana de Llanes e no Festival Pata Negra que tivo lugar en Guijuelo (Madrid). Ademais destes dous recoñecementos, O Soldadiño de Chumbo vén de ser seleccionada no importante festival internacional Stop-Motion Film Festival de Montreal e está pendente de saber si fiinalmente recibirá o premio á mellor curtametraxe de animación no Filmest de Badalona. A curtametraxe conta coas voces de Luis Piedrahita e Manuel Manquiña , e coa composición musical de Emilio Aragón .

Novidades

Estivemos de compras de Nadal e hai moitas novidades na biblio. Podes encontralas no blog "eu, de ti, lería..." Clica sobre a pestana correspondente e poderás velas. Encontraralas no estante de novidades na sala grande da biblio antes de que se leven á sala de xuvenil. NON PERDAS O TEMPO! ESTANTE ESPERANDO!

¿Me lees un cuento?

Algunas propuestas para enseñar a disfrutar de la lectura a los más pequeños. Daniel aún no ha cumplido un año de edad, pero disfruta como el que más del placer de la lectura. No de la suya, claro, todavía es muy joven para entender las letras. Pero le encanta oír la voz de su padre, que lo tiene sentado sobre sus rodillas, mientras le lee un cuento muy bonito y le señala los dibujos que hay en cada página. Además, le hace reír cuando imita la voz de la ratita protagonista o cuando se pone a ladrar como el perro que aparece en la última página. El niño no lo sabe, y quizá tampoco el padre, pero esta actividad tan sencilla y divertida le está ayudando a potenciar su desarrollo intelectual, social y emocional. Y es que contarles cuentos a los niños, además de aportarles una larga lista de beneficios, es la forma más fácil y amena de transmitirles el placer por la lectura. Estos son algunos de los efectos de leerles en voz alta: Se sienten felices de que se les dedique un rato exclusivo d...

Adéntrate na poesía de Uxío Novoneira

LIBERTÁ CHAMAS NOS OLLOS TRISTES LIBERTÁ chamas nos ollos tristes nas caras do METRO nos que xa perderon o futuro e ganan o pan con sobresalto na gran cidade nos tesos cumes i en todo o silencio preguntando. Vélante os xóvenes i os que saben da morte e xuntan inseguranza e desamparo. Cando vexo un neno penso en ti e si oio un bruído sin nome coido que ti chegas i acude todo o sangre. Todo bruído sin nome é un agoiro. Madrid / O Courel 1962- 1964 SE O PASADO É PASADO SE o pasado é pasado i o presente é o urgente por qué inda busca a xente aquil soño clausurado? Vido visto ben Santiago i esa cuestión non resolta fago camiño de volta camiño de volta fago. Camiño de volta fago volvo do cabo do Mundo. Terra sólo en ti me fundo: é a certeza que trago. LETANÍA DE GALICIA GALICIA digo eu ún di GALICIA GALICIA decimos todos GALICIA hastr’os que calan din GALICIA e saben sabemos GALICIA da door chora á forza GALICIA da tristura triste á forza GALICIA do silencio calada á forza GALICI...

Achégate un pouco máis a Uxío Novoneira

Co gallo da dedicación do Día das Letras Galegas ó escritor lucense Uxío Novoneira,"La voz de la escuela" publica unha reflexión sobre a poesía. Clica na imaxe para acceder:

Ano Internacional de Acercamento ás Culturas.

O obxectivo principal deste ano é o de acercar as diferentes culturas existentes a través de accións a nivel local, nacional e internacional, intentando involucrar a maior cantidade de persoas posibles. Na páxina Web da UNESCO (Organización das Nación Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura), podemos atopar información sobre a celebración do Ano Internacional de Acercamento das Culturas. Esta organización, conta cun gran recoñecemento internacional polos constantes esforzos que realiza para dar a coñecer os beneficios da diversidade cultural, así como da riqueza xerada grazas aos intercambios e transferencias entre culturas. PELÍCULAS RECOMENDADAS Las cartas de Alou Flores de otro mundo . Missisipi Masala. Rocco y sus hermanos. Saïd. Un verano en La Goulette. Babel. Quiero ser como Beckham. Solo un beso. Poniente.

Para a reflexión

Unha vez máis, grazas a Trafegando Ronseis coñecemos documentos de interese, como esta curta sobre o racismo e os fundamentalismos que anima á reflexión:

Día da Terra, 22 de abril

Despois da hora do planeta chega o Día da Terra . No ano 1970 celebrouse o primeiro Día da Terra o 22 de abril coa necesidade de crear unha conciencia común aos problemas da contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais para protexer o Planeta. Ne ste día no IES Vilar Ponte, o departamento de ciencias naturais, proxectará unha película sobre o planeta Terra e os efectos e cambios xerados polo home nos derradeiros dous séculos.

O desván dos anos cincuenta

Para uns coñecer, para outros recordar, …, os materiais docentes, os libros, a radio, os anuncios, os tebeos, a forma de vida na sociedade de hai medio século, podemos velo na páxina de “O Desván de Rafael Castillejo “.

Natureza e números

Hoxe traemos un vídeo de Cristóbal Vila onde poden verse as relacións que se establecen entre a natureza e os números . Realmente curioso. Para ver as explicacións sobre este vídeo, clica en info+

Adeus a Miguel Delibes, o cazador das letras

O 12 de marzo de 2010 finou aos 89 anos un dos autores máis queridos da literatura española de postguerra. Deixanos en herdanza unha rica obra na que deu voz a un mundo rural que se esvaecía tralo pulo das cidades e a unhas clases medias que intentaban sortear os estreitos códigos morais establecidos polo Franquismo. Gran coñecedor da fauna e a flora castelá, mostrou sempre a seu apaixonamento pola caza; do seu interese pola natureza xa falamos neste blog cando fixemos referencia a La tierra herida , obra escrita co seu fillo coa finalidade de denunciar os problemas medioambientais do planeta. A obra de Miguel Delibes comenzou con La sombra del ciprés es alargada en 1947, novela pola que recibiu o Premio Nadal ; e de 1950 é El camino , outra das súas obras máis coñecidas. Pero será na década dos sesenta a que represente o seu apoxeo como escritor. En 1962 publicou Las ratas , un dos seus grandes libros, e en 1964, Cinco horas con Mario . Nos oitenta e os noventa virían os recoñecemen...

novidades na biblio

Para obter información sobre os libros clica nos enlaces: Tres metros sobre el cielo O brindo de ouro Sol de inverno

8 de Marzo. Día Internacional da Muller

O Día Internacional da Muller, xurdíu a finais do século XIX e refírese ás mullleres como artífices da historia e afunde as súas raíces na loita da mulller por participar na sociedade en pé de igualdade co home. Celebrouse por primeria vez o 19 de Marzo de 1911 con mitins onde ademáis do dereito ao voto e ao de ocupar cargos públicos, esixiron o dereito ao traballo, á formación profesional e á non discriminación laboral. Esta data conmemórase tamén nas Nacións Unidas e é festa nacional en moitos paises. MULLERES DESTACADAS NA HISTORIA Cleopatra Filopator Nea Thea, Cleopatra VII , fue la última reina del Antiguo Egipto de la dinastía Ptolemaica , también llamada dinastía Lágida. Dicha dinastía fue creada por Ptolomeo I Sóter, general de Alejandro Magno , y fue también la última del llamado Periodo helenístico de Egipto.Sus amores fueron Julio César yMarco Antonio que la convirtieron en una de las soberanas con más poder de la antigüedad. Benazir Bhutto fue una política pakistaní que ...

El Guernica de Picasso en 3D

Vale la pena ver lo que hace la tecnología Toda la gente conoce el Gernika, una tela pintada al óleo, con 782 x351 cm, que Pablo Picasso presentó en 1937 en la Exposición Internacional de París. La tela, en blanco y negro, representa el bombardeo sufrido a Gernika el 26 de abril de 1937 por aviones alemanes y actualmente está expuesta en el Centro Nacional de Arte Reina Sofía, en Madrid. El pintor, quien vivía en París en ese tiempo, supo de la masacre por los periódicos y pintó las personas, animales y edificios destruidos por la fuerza aérea nazi, tal como los vio en su imaginación. Ahora, una artista de Nueva York, Lena Gieseke, quien domina las más modernas técnicas de infografía digital, decidió proponer una versión 3D de la célebre obra y colocarla en internet, con forma de video. El resultado es fascinante y nos permite visualizar los detalles que, de otro modo, nos pasarían desapercibidos. Esta técnica innovadora se revela como un poderoso instrumento para comprender mejor la f...

Ano Internacional da Biodiversidade

A última edición dá Lista Vermella de Especies Ameazadas dá UICN indicou que o 22 % de todos os mamíferos coñecidos, o 30 % de todos os anfibios coñecidos, o 12 % de todas as aves coñecidas, o 28 % de todos os réptiles, o 37 % das especies de auga doce, o 70 % das plantas, o 35 % dos invertebrados, avaliados ata o presente, están ameazados. Segundo certas estimacións, a taxa global actual de extinción de especies debida ás actividades humáns é case 1000 veces superior a taxa de pérdida natural. Distamos de acadar os obxectivos de reducción de pérdida da biodiversidade en 2010, polo que a UICN insta a reforzar a Convención sobre a Diversidade Biolóxica para salvagardar todas as formas de vida na Terra . Con este obxectivo celébrase neste ano 2010 o Ano Internacional da Biodiversidade.