Saltar ao contido principal

Publicacións

25 de novembro: todos contra a violencia de xénero

25 de novembro: todos contra a violencia de xénero

20 de novembro: Día dos Dereitos do Neno

Este pasado domingo -o día 20- foi o Día dos Dereitos do Neno. A Declaración dos Dereitos do Neno foi proclamada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas ese mesmo día de 1959. Son tan só dez e vén moi ben recordalos nestas datas: 1. Dereito a igualdade, sen distinción de raza, relixión ou nacionalidade. 2. Dereito a unha protección especial para que poidan medrar física, mental e socialmente sanos e libres. 3. Dereito a ter un nome e unha nacionalidade. 4. Dereito a unha alimentación, vivenda e atención médica axeitadas. 5. Dereito á educación e atencións especiales para os nenos física ou mentalmente disminuidos. 6. Dereito a compresión e amor por parte das familias e da sociedade. 7. Dereito a unha educación gratuita. Dereito a divertirse e xogar 8. Dereito á atención e axuda preferente en caso de perigo. 9. Dereito a ser protexido contra o abandono e a explotación no traballo. 10. Dereito a recibir unha educación que fomente a solidariedade, a amizade e a xustiza entre todo o m...

Atentos ás novas do Liber Amoenus

Benvidos ao club de lectura do IES Vilar Ponte. Arrincamos este novo curso agora, así que estade atentos a todas as novas que van comenzar a aparecer ao longo desta semana no blog do Liber Amoenus . Continuaremos coas actividades de sempre e, este ano, xa temos pensadas outras novidosas; especialmente interesantes serán algunhas nas que haberá colaboración con outros centros. Preparádevos!!!

12 de maio. DÍA ESCOLAR DAS MATEMÁTICAS

Os profes de Mate están empeñados en convencernos de que as Mates son divertidas . Para iso, co gallo do Día Escolar das Matemáticas o 12 de maio, teñen unha interesante exposición na biblio que durará ata a semana que vén. Isto é o que se pode ver desde hoxe en D1V3RT1-MAT3S E ademais, podes ver nos recreos a seguinte presentación sobre algún dos xogos matemáticos máis interesantes: Diverti+mates View more presentations or Upload your own. Tal foi o éxito neste primeiro día que na biblio houbo un auténtico rebumbio nos dous recreos, facendo firme competencia ao número de visitantes da cafetería: Esperamos que nos vindeiros días non vola perdades!

Sempre actual

En un lugar de la Mancha View more presentations from atalvarez1706 .

"El fabricante de pelucas"

Traemos hoxe unha curta de de Steffen Schäffler do ano 2000, inspirada nun texto de Daniel Defoe sobre a peste. Invita á reflexión:

"O soldadiño de chumbo"

Hoxe traemosvos esta curtametraxe. Trátase dunha curta producida por Continental Animación e Algarabía e dirixida por Virginia Curiá e Tomás Conde. Xa recolleu varios premios: no Festival Rec 09 (Ribadedeva en Corto), celebrado na localidade asturiana de Llanes e no Festival Pata Negra que tivo lugar en Guijuelo (Madrid). Ademais destes dous recoñecementos, O Soldadiño de Chumbo vén de ser seleccionada no importante festival internacional Stop-Motion Film Festival de Montreal e está pendente de saber si fiinalmente recibirá o premio á mellor curtametraxe de animación no Filmest de Badalona. A curtametraxe conta coas voces de Luis Piedrahita e Manuel Manquiña , e coa composición musical de Emilio Aragón .

Novidades

Estivemos de compras de Nadal e hai moitas novidades na biblio. Podes encontralas no blog "eu, de ti, lería..." Clica sobre a pestana correspondente e poderás velas. Encontraralas no estante de novidades na sala grande da biblio antes de que se leven á sala de xuvenil. NON PERDAS O TEMPO! ESTANTE ESPERANDO!

¿Me lees un cuento?

Algunas propuestas para enseñar a disfrutar de la lectura a los más pequeños. Daniel aún no ha cumplido un año de edad, pero disfruta como el que más del placer de la lectura. No de la suya, claro, todavía es muy joven para entender las letras. Pero le encanta oír la voz de su padre, que lo tiene sentado sobre sus rodillas, mientras le lee un cuento muy bonito y le señala los dibujos que hay en cada página. Además, le hace reír cuando imita la voz de la ratita protagonista o cuando se pone a ladrar como el perro que aparece en la última página. El niño no lo sabe, y quizá tampoco el padre, pero esta actividad tan sencilla y divertida le está ayudando a potenciar su desarrollo intelectual, social y emocional. Y es que contarles cuentos a los niños, además de aportarles una larga lista de beneficios, es la forma más fácil y amena de transmitirles el placer por la lectura. Estos son algunos de los efectos de leerles en voz alta: Se sienten felices de que se les dedique un rato exclusivo d...

Adéntrate na poesía de Uxío Novoneira

LIBERTÁ CHAMAS NOS OLLOS TRISTES LIBERTÁ chamas nos ollos tristes nas caras do METRO nos que xa perderon o futuro e ganan o pan con sobresalto na gran cidade nos tesos cumes i en todo o silencio preguntando. Vélante os xóvenes i os que saben da morte e xuntan inseguranza e desamparo. Cando vexo un neno penso en ti e si oio un bruído sin nome coido que ti chegas i acude todo o sangre. Todo bruído sin nome é un agoiro. Madrid / O Courel 1962- 1964 SE O PASADO É PASADO SE o pasado é pasado i o presente é o urgente por qué inda busca a xente aquil soño clausurado? Vido visto ben Santiago i esa cuestión non resolta fago camiño de volta camiño de volta fago. Camiño de volta fago volvo do cabo do Mundo. Terra sólo en ti me fundo: é a certeza que trago. LETANÍA DE GALICIA GALICIA digo eu ún di GALICIA GALICIA decimos todos GALICIA hastr’os que calan din GALICIA e saben sabemos GALICIA da door chora á forza GALICIA da tristura triste á forza GALICIA do silencio calada á forza GALICI...

Achégate un pouco máis a Uxío Novoneira

Co gallo da dedicación do Día das Letras Galegas ó escritor lucense Uxío Novoneira,"La voz de la escuela" publica unha reflexión sobre a poesía. Clica na imaxe para acceder:

Ano Internacional de Acercamento ás Culturas.

O obxectivo principal deste ano é o de acercar as diferentes culturas existentes a través de accións a nivel local, nacional e internacional, intentando involucrar a maior cantidade de persoas posibles. Na páxina Web da UNESCO (Organización das Nación Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura), podemos atopar información sobre a celebración do Ano Internacional de Acercamento das Culturas. Esta organización, conta cun gran recoñecemento internacional polos constantes esforzos que realiza para dar a coñecer os beneficios da diversidade cultural, así como da riqueza xerada grazas aos intercambios e transferencias entre culturas. PELÍCULAS RECOMENDADAS Las cartas de Alou Flores de otro mundo . Missisipi Masala. Rocco y sus hermanos. Saïd. Un verano en La Goulette. Babel. Quiero ser como Beckham. Solo un beso. Poniente.

Para a reflexión

Unha vez máis, grazas a Trafegando Ronseis coñecemos documentos de interese, como esta curta sobre o racismo e os fundamentalismos que anima á reflexión:

Día da Terra, 22 de abril

Despois da hora do planeta chega o Día da Terra . No ano 1970 celebrouse o primeiro Día da Terra o 22 de abril coa necesidade de crear unha conciencia común aos problemas da contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais para protexer o Planeta. Ne ste día no IES Vilar Ponte, o departamento de ciencias naturais, proxectará unha película sobre o planeta Terra e os efectos e cambios xerados polo home nos derradeiros dous séculos.

O desván dos anos cincuenta

Para uns coñecer, para outros recordar, …, os materiais docentes, os libros, a radio, os anuncios, os tebeos, a forma de vida na sociedade de hai medio século, podemos velo na páxina de “O Desván de Rafael Castillejo “.

Natureza e números

Hoxe traemos un vídeo de Cristóbal Vila onde poden verse as relacións que se establecen entre a natureza e os números . Realmente curioso. Para ver as explicacións sobre este vídeo, clica en info+