Saltar ao contido principal

Publicacións

Día do Libro 2012 co agasallo de Agustín Fernández Paz:"Os ríos da vida"

"Din que todas as persoas necesitamos as historias, tanto coma a auga que bebemos, tanto coma o pan de cada día. Que sorte, que sexan tan doadas de conseguir! Só hai que abrir un libro e deixarse arrastrar polo río das palabras, esas que fan nacer dentro de nós outros mundos e outras vidas. Semella cousa de maxia que os libros garden tantas marabillas no seu interior: a emoción do inesquecible primeiro bico; a voz pausada e sabia do ancián da tribo; as conversas das mulleres que traballan arreo nos arrozais do delta do Mekong; os andares pousóns dos camelos, a avanzaren coa caravana polas areas do deserto; o espanto ante os perigos que a escuridade agocha, nun bosque inmenso ou no corredor da nosa casa; a soidade e as dúbidas de cando temos quince anos; as vidas de hai mil anos, cando o mundo era doutro xeito; ou as de dentro de mil anos, nun planeta que agoniza; a fascinación polas estrelas, que nos envían a súa luz desde os abismos do espazo-tempo; o desesperode sentirse só...

Centenario a inauguración e afundimento do Titanic

Como todo o mundo sabe a través do cine, o Titanic foi, no seu tempo, o barco de pasaxeiros máis grande e máis luxoso do mundo. A súa viaxe inaugural inciouse o 10 de abril de hai 100 anos desde Southampton (Inglaterra) con destino a Cherburgo, Queenstown e finalmente a Nova York. Sen embargo, catro días máis tarde, ás 23:40 horas do 14 de abril, o buque bateu cun iceberg ao sur das costas de Terranova, a afundiu ás 2:20 da mañá do 15 de abril. Partiu cara a Nova York con 2.227 persoas e rematou a súa singladura coa morte de 1.517 persoas, sendo daquela o peor desastre marítimo en tempo de paz.

Un premio para un dos nosos siareiros

O pasado 8 de marzo, un dos nosos siareiros, Eugenio Martínez Canay foi galardonado co primeiro premio do certame de narrativa xuvenil "Entre iguais" do Concello de Lugo, na categoría de 12 a 14 anos. O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, presidiron o acto en conmemoración do Día Internacional da Muller, no que se fixeron entrega dos premios. Noraboa, Eugenio!

As mellores películas sobre educación

Romanorum Vita

Romanorum Vita. Una historia de Roma é unha exposición itinerante que nos leva a pasear por unha rúa e visitar unha domus do Imperio Romano na época imperial (século I d.C.) organizada pola Obra Social "la Caixa". Desde o 8 de febreiro ata o 28 de marzo este proxecto permítenos coñecer en Lugo , na praza Horto do Seminario, a vida cotiá dos habitantes dunha cidade pouco antes da destrucción de Pompeia. Se queres facer a visita virtual á exposición clica en info+

Antoni Tàpies i Puig (Barcelona 13 decembro 1923-6 febreiro 2012)

Tàpies naceu en Barcelona no ano 1923 e morreu o pasado 6 de febreiro deste recén estreado 2012. Déixanos un gran pintor, escultor e un indiscutible teórico da arte española. Considerado como un dos máis destacados artistas do século XX, é asímesmo un dos principais expoñentes a nivel mundial do informalismo. O informalismo é un movemento pictórico que abarca tendencias abstractas e xestuais que se desenvolveron en Francia e no resto de Europa despois da IIª Guerra Mundial en paralelo co Expresionismo Abstracto estadounidense. Antoni Tàpies era de formación autodidacta, creou un estilo propio dentro da arte de vangarda do século XX combinando tradición e innovación dentro dun estilo abstracto pero simbólico dando relevancia ao sustrato material da obra. Tiña especial interés pola materia, a terra, o po, os átomos e as partículas e gustaba de utilizar materiais alleos á expresión plástica academicista, nos referimos ás pinturas matéricas, incluíndo nelas todo o sentido espiritual da súa...

Apadriñamento de lectores

O pasado 25 de xaneiro algúns dos siareiros da nosa biblio actuaron como padriños dos rapaces de 4º de Primaria dos nosos veciños do CEP Loís Tobío . Os padriños - Rebeca Macía Trampral, Antía Eijo Mejuto, Manuel Lago Berdeal, Andrés Díaz Gómez e Carla Míguez Ríos- leron pequenos relatos de Cousas de Castelao aos seus afillados. Recibíronnos con tanto agarimo e expectación que xa temos ganas de repetir. Alumnos de 4º A cos seus padriños: Alumnos de 4º B cos seus padriños: Alumnos de 4º C cos seus padriños: Aquí tedes toda a experiencia en fotografías: Podedes ver tamén o blog da biblio do Lois Tobío

The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore

Unha vez máis tomamos dun blog que admiramos moito unha curta preciosa. Grazas, Trafegando Ronseis

25 de novembro: todos contra a violencia de xénero

25 de novembro: todos contra a violencia de xénero

20 de novembro: Día dos Dereitos do Neno

Este pasado domingo -o día 20- foi o Día dos Dereitos do Neno. A Declaración dos Dereitos do Neno foi proclamada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas ese mesmo día de 1959. Son tan só dez e vén moi ben recordalos nestas datas: 1. Dereito a igualdade, sen distinción de raza, relixión ou nacionalidade. 2. Dereito a unha protección especial para que poidan medrar física, mental e socialmente sanos e libres. 3. Dereito a ter un nome e unha nacionalidade. 4. Dereito a unha alimentación, vivenda e atención médica axeitadas. 5. Dereito á educación e atencións especiales para os nenos física ou mentalmente disminuidos. 6. Dereito a compresión e amor por parte das familias e da sociedade. 7. Dereito a unha educación gratuita. Dereito a divertirse e xogar 8. Dereito á atención e axuda preferente en caso de perigo. 9. Dereito a ser protexido contra o abandono e a explotación no traballo. 10. Dereito a recibir unha educación que fomente a solidariedade, a amizade e a xustiza entre todo o m...

Atentos ás novas do Liber Amoenus

Benvidos ao club de lectura do IES Vilar Ponte. Arrincamos este novo curso agora, así que estade atentos a todas as novas que van comenzar a aparecer ao longo desta semana no blog do Liber Amoenus . Continuaremos coas actividades de sempre e, este ano, xa temos pensadas outras novidosas; especialmente interesantes serán algunhas nas que haberá colaboración con outros centros. Preparádevos!!!

12 de maio. DÍA ESCOLAR DAS MATEMÁTICAS

Os profes de Mate están empeñados en convencernos de que as Mates son divertidas . Para iso, co gallo do Día Escolar das Matemáticas o 12 de maio, teñen unha interesante exposición na biblio que durará ata a semana que vén. Isto é o que se pode ver desde hoxe en D1V3RT1-MAT3S E ademais, podes ver nos recreos a seguinte presentación sobre algún dos xogos matemáticos máis interesantes: Diverti+mates View more presentations or Upload your own. Tal foi o éxito neste primeiro día que na biblio houbo un auténtico rebumbio nos dous recreos, facendo firme competencia ao número de visitantes da cafetería: Esperamos que nos vindeiros días non vola perdades!

Sempre actual

En un lugar de la Mancha View more presentations from atalvarez1706 .

"El fabricante de pelucas"

Traemos hoxe unha curta de de Steffen Schäffler do ano 2000, inspirada nun texto de Daniel Defoe sobre a peste. Invita á reflexión:

"O soldadiño de chumbo"

Hoxe traemosvos esta curtametraxe. Trátase dunha curta producida por Continental Animación e Algarabía e dirixida por Virginia Curiá e Tomás Conde. Xa recolleu varios premios: no Festival Rec 09 (Ribadedeva en Corto), celebrado na localidade asturiana de Llanes e no Festival Pata Negra que tivo lugar en Guijuelo (Madrid). Ademais destes dous recoñecementos, O Soldadiño de Chumbo vén de ser seleccionada no importante festival internacional Stop-Motion Film Festival de Montreal e está pendente de saber si fiinalmente recibirá o premio á mellor curtametraxe de animación no Filmest de Badalona. A curtametraxe conta coas voces de Luis Piedrahita e Manuel Manquiña , e coa composición musical de Emilio Aragón .

Novidades

Estivemos de compras de Nadal e hai moitas novidades na biblio. Podes encontralas no blog "eu, de ti, lería..." Clica sobre a pestana correspondente e poderás velas. Encontraralas no estante de novidades na sala grande da biblio antes de que se leven á sala de xuvenil. NON PERDAS O TEMPO! ESTANTE ESPERANDO!