Saltar ao contido principal

Publicacións

Cambio de CDU!

  Por fin! Logo dun expurgo enorme, de facer moitísimos cambios na biblioteca, de cambiar libros e libros para unha sala de lectura no outro bloque do Vilar Ponte, cambiamos e adaptamos a CDU do centro ! 

Música na biblioteca

 Un dos alumnos convalidados do Conservatorio de Viveiro, Xian M.F. deleitounos na biblioteca escolar cun concerto de música. 

Felíz día do libro

 Feliz día do libro a todxs! No centro fixemos unha exposición e brindamoslles a oportunidade ao alumnado de intercambiar libros con compañeiros. 

Club manga: Assassination Classroom!

 Comezamos outra nova colección! Hoxe é mércores e iso significa: club de manga!!!  O assassination Classroom xa está na biblio!   #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Festa na biblioteca

 Hoxe despedimos a Carmen  e fixemos unha super festa na biblio xunto cos seus compañeiros !

Recollida de alimentos

 Punto de recollida de alimentos para animais! ✨  En ambos bloques, tedes un punto de recollida solidaria de alimentos para cans e gatos. Todos irán destinados para Gadoupas.  Iniciativa promovida polo alumnado de 1°C co Depto de francés!   #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #recollidadealimentos

Semana da francofonía

Durante a semana da francofonía o corredor da biblioteca encheuse de información recopilada polos cursos de francés sobre os países francófonos.   

Cinema🎬 our favorites🍿🎞️

 Cinema🎬 our favorites🍿🎞️ O alumnado de inglés de teacher Lucía, fixo unha suuuper exposición dos seus filmes favoritos!✨  Cal é o voso filme favorito?   #plbe #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Club de manga: Noragami

 O club de manga lee esta semana Noragami! ✨ Novos mangas que chegan para amoliar o noso rincón de lectura manga🎋🎋  #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #plambe

Encontros dos centros do plan de mellora de bibliotecas escolares

 Hoxe atopámonos aquí, nos Encontros dos centros do plan de mellora de bibliotecas escolares! 

Club de manga: One piece

 O club de manga está feliz! One piece!✨ Xa tiñamos o primeiro tomo, agora ata o 9! Ampliamos a colección!  #manga #onepiece #clubdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Taller de origam

 O emotivo chamamento do CEIP Plurilingüe Nº1 de Foz, para apoiar a unha profesora con leucemia fíxose eso nas nosas aulas. O seu obxetivo é conseguir 1.000 grúas de papel nun acto simbólico despois de haber lido unha lenda xaponesa na que di que é o numero necesario para que se cure.  Se queredes apoiar a iniciativa, podedes depositar as vosas grúas na biblioteca. ✨

Visita de Antía Yáñez

 O alumnado do centro disfrutou da visita da autora burelá, Antía Yáñez e das súas obras: Plan de rescate e Non penses nun elefante rosa. 

Club de manga: Akame Ga Kill!

  Esta semana na biblio, adicámola ao manga!   Mañá haberá reunión do club para organizar a sección manga! ✨  Akame Ga Kill nova lectura manga.  #clubdelectira #plambe #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

San Patrick Day

 ☘️Feliz día de San Patricio! ☘️  O alumnado da Teacher Nuria, deixounos mensaxes de porqué se sinten afortunadxs! ✨  #sanpatrickday🍀 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

8M en francés: Joyeuse journée de la femme

 O departamento de Francés fixo unha exposición do 8M: Joyeuse journée de la femme!

Divulgadoras feministas

 Divulgadoras feministas 8M💜 Queres descubrir divulgadoras que traballan a cotío subindo contido en redes sociais dende unha perspectiva feminista ?  Esta é a túa exposición!💜 Creadoras, artistas, como @modernadepueblo @feminismoen8bits @leticiadoleraoficial ou @petrabraunillustration  forman parte desta exposición de 12 mulleres que fan un traballo activo pola divulgación, a defensa e a reivindicación do feminismo.  Achégate á exposición e lee o QR de cada unha, levarate directamente ás súas obras ou perfís.

Exposición: El progreso

Exposición do Progreso no PD✨ coas planchas e o proceso de creación do periódico.  Creada pola profesora  MarieJo e o seu alumnado logo de facer a visita ás dependecias do Progreso na semana da prensa.  

Visita ao progreso

 O alumnado de 2o de francés rematou hoxe a súa excursión no Progreso. Viron cómo se traballa a nivel xeral na empresa e o proceso de creación.   Impresionante!🖋️ Ademais, todxs tiveron un agasallo✨   Para a semana, o alumnado fará unha exposición que vos mostrará parte do proceso de creación do periódico.✨  @elprogresodelugo   #plambe #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Visita á biblioteca municipal

 O alumnado de 3C con proxecto competencial, visitaron a biblioteca municipal de Viveiro. 📚 Cada alumnx voltou cunha flor e unha galleta de Rosalía.  Grazas! ✨❤️