Saltar ao contido principal

Publicacións

O Departamento de Lingua e Literatura Francesa celebra o Día da Francofonía.

  🇫🇷 Journée de la Francophonie au Vilar Ponte ! 🎉✨ Aujourd'hui, nous avons plongé notre lycée dans la richesse culturelle et linguistique de la Francophonie. 📚 De la passionnante exposition de livres d'auteurs francophones qui nous transportent dans des mondes fascinants, à une colorée exposition de drapeaux des pays membres, nous avons exploré la diversité et la beauté du français ! L'une des activités les plus remarquables a été notre découverte des activités "Dix moi dix mots" du Ministère de la Culture français. 🗣️ Cette initiative nous a invités à explorer la langue française de manière ludique et créative, en apprenant et en nous amusant en même temps ! Un grand merci à tous les élèves de 1º ESO qui se sont joints à nous pour cette célébration, vivant l'esprit de la Francophonie dans chaque coin de notre lycée ! 🌍💙 #bescolaresgal   #bescolaresgalabertas   #plambe   # Instagram Mira el perfil completo en la app Disfruta de fot

17 de marzo, día do cómic.

 A Biblioteca IES Vilar Ponte celebra esta semana o día do cómic e o lema das Bibliotecas Escolares de Galicia, do curso 2023-2024 co lema UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS que quere poñer o foco nas posibilidades que a banda deseñada ofrece. Os alumnos de 1° da ESO de Lingua Galega e Literatura da man da profesora Mercedes López crearon as suas propias viñetas baixo o título: "PERSONAXES DA BANDA DESEÑADA EN VIVEIRO" Están expostas no vestíbulo do edifico Pastor Díaz: A Biblioteca Vilar Ponte súmase a celebrar o día do cómic recomendando as novas incorporacións da banda deseñada que podedes encontrar na vosa biblioteca:

Recomendación manga

  Descobre un mundo cheo de emocións, aventuras e poderes épicos con “The Adventure of Dai”. Este manga é unha xoia que non podes perder. 🐉💥 Somérxete na historia de Dai, un mozo valente cun soño máis grande ca vida mesma. Con personaxes fascinantes, xiros inesperados e unha narrativa que te atrapa dende a primeira páxina, este manga é unha viaxe inesquecible. Ademais, queremos render un pequeno homenaxe ao xenio detrás de moitas das nosas historias favoritas, Akira Toriyama, que recentemente nos deixou. O seu legado é inmortal, e a súa creatividade segue a inspirar xeracións enteiras de amantes do manga. 🌟❤️ A gozar de “The Adventure of Dai” e recordar a increíble contribución deste mestre do manga. #bescolaresgal   #bescolaresgalabertas   #plambe   #AkiraToriyama   #theadventuresofdai   #dragonquest   #mangarecomendado

8 de Marzo: Día da Muller internacional Traballadora

Ao longo de desta semana estuvimos a preparar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora. Realizamos un mural reivindicativo cunha manifestación de mulleres reclamando dereitos e igualdad e de oportunidades. Preparamos unha exposición con títulos relacionado con feminismo e a historia da muller. Os alumnos da materia de Educación Musical e Lingua Francesa realizaron traballos sobre mulleres relevantes en diferentes ámbitos: ciencia, moda, política, música...

Doa sangue. Non esperes a que se esgote.

Maña, mércores 6 de marzo, a unidade móbil de doazón de sangue estará diante do conservatorio de Música, na Avenida da Mariña, de 11:15 a 14:15 e de 16:30 a 21:00. Súmate ás máis de 3.000.000 de doazóns! GRAZAS!  

23 de Febreiro. Día de Rosalía de Castro.

 O 23 de febreiro conmemórase a data do nacemento da autora Rosalía de Castro, referente da cultura e da literatura galega. Dende a Biblioteca do IES Vilar Ponte rendimoslle homenaxe con unha escolma de citas e versos da autora nas súas obras máis relevantes. 

21 de febreiro, Día Internacional da Lingua Materna

  O Día Internacional da Lingua Materna foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 1999 e celébrase anualmente dende o 21 de febreiro de 2002 cos obxectivos de promover o plurilingüismo e a diversidade cultural.

OBRADOIROS CIENTÍFICOS NA BIBLIOTECA DENDE O 26 DE FEBREIRO

 

Entroido Vilar Ponte 2024

Seguimos cunha mostra dos traballos que sobre o Entroido realizaron os alumnos de Educación Plástica e Visual de ESO e o curso 3°PDC.  

Día da Candeloira

  Comezamos a semana recompilando as actividades que dende o Equipo de Dinamización de Lingua Galega e o Equipo de coordinación da Biblioteca realizamos no Entroido 2024. Celebramos o día da Candeloira escribindo cartas de amizade, amor, compañeirismo entre os membros da comunidade educativa.

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.

O 11 de febreiro celébrase o día internacional da muller e a nena na Ciencia. A Asemblea Xeral da ONU declarou o 11 de febreiro Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia en recoñecemento ao papel crave que desempeñan as mulleres na comunidade científica e a tecnoloxía.  

ENTROIDO SOLIDARIO.

  Ao longo desta semana as alumnas e alumnos do noso centro contribuíron con doces de Entroido que venderon nos recreos. O obxectivo solidario era recadar fondos para a organización sen animo de lucro Cáritas. Esta actividade solidaria foi organizada polo Departamento de Relixión.

SLE FRANCÉS 3°ESO C`est la Chandeleur!

  C’est la Chandeleur! O alumnado de francés de 3º da ESO desfrutou esta semana da celebración da Chandeleur, a través da elaboración de crêpes. Bon appétit! E vós, sabiades que a Candeloria tamén se celebra en Francia?

Club de lectura.

  MENSAXE ESPECIAL DO CLUB DE MANGA As reunións deste trimestre xa botaron a andar e con elas as lecturas e as recomendacións. Este ano a proposta é Tokyo Revengers. Nel seguimos a Takemichi Hanagaki, un mozo de 26 anos sen grandes obxectivos na súa vida, quen un día descobre que a súa exmoza da adolescencia, Hinata Tachibana é asasinada pola Tokyo Manjikai. Cando Takemichi é empuxado cara ás vías dun tren, viaxa no tempo ata hai exactamente 12 anos. Así decide cambiar o pasado para cambiar o futuro e comezar de novo. Queredes saber como continua? Solicitade un exemplar na biblioteca! #bescolaresgal   #bescolaresgalabertas   #plambe   #clubdelectura   #manga   #tokyorevengers