Saltar ao contido principal

Publicacións

Premios RELATOS TERRORÍFICOS

Bo día a todas e todos! Onte, 29 de outubro, foi a entrega de premios do concurso de relatos terroríficos no salón de actos do IES Vilar Ponte. O xurado, formado polo equipo da biblioteca e os alumnos de literatura universal, premiou o inxenio e creatividade a cinco persoas. O primeiro premio foi para Sara Eijo, de 3º da ESO, polo seu relato "Final Eterno". O segundo premio foi ao grupo formado por Rafaela Lorenzo, Lucía Fernández e Iñigo Imaz, de 2ºA e 2ºB por "Noite no casino", unha historia terrorífica ambientada en Viveiro. Por último, o terceiro premio foi para Emma Jaramillo, alumna de 1ºA, que nos deixou co corpo tenso ao ler o seu "El tic-tac de medianoche". Dende a biblio, agradecemos moito a participación do alumnado, foi un éxito de convocatoria! Ata a próxima!

24 de outubro: Día das Bibliotecas

 Bo día a todas e todos! Vimos contarvos que onte, xoves 24 de outubro, foi o Día das Bibliotecas e dende o IES Vilar Ponte decidimos facer unha actividade cos rapaces e rapazas de 1º da ESO, que nos foron visitando ao longo da semana. Esta actividade consistía nun xogo con sete pasos diferentes, que incluían localizar títulos concretos nos estantes, adiviñar personaxes de novela, representar fragmentos de obras teatrais... Deste xeito, puideron familiarizarse co espazo da biblioteca e perder un pouquiño a vergoña. Algúns xa levaron libros prestados! Foi unha experiencia moi divertida e xa sabemos que dará froitos, pola cantidade de rapazada que se apuntou como voluntaria! 📖Feliz día das Bibliotecas!📖

14 de outubro: Día das Escritoras

 Bo día a todas e todos! Hoxe día 14 de outubro, celebramos dende a biblio o Día das Escritoras! Este ano o lema é  A PERIFERIA DA PERIFERIA, MULLERES QUE MIRARON AO MUNDO RURAL Dende teatro ata poesía ou novela, celebramos as nosas autoras con máis recomendacións de lectura no corredor do centro. 🌷Que sigamos enchendo follas con novas historias! 🌷

10 de outubro: Día Mundial da Saúde Mental

 Bo día a todas e todos! Hoxe é o Día Mundial da Saúde Mental , este ano adicado especialmente ao vínculo fundamental entre traballo e saúde mental. A imaxe, creada por Antonio Lorente, pretende ilustrar o imaxinario común das traballadoras e traballadores, composto por    condicionantes, ilusións, preocupacións e pensamentos en torno ao traballo . Apélase ao equilibrio e á necesidade de conciliación de vida persoal e familiar coa vida laboral para evitar que esta última sexa un foco de estrés ou ansiedade, ocupando todo o espazo mental por preocupacións económicas, coma o salario, e outros aspectos. Como consecuencia, o dereito á autonomía é un punto clave. Na biblio do IES Vilar Ponte plantexamos algunhas propostas de lectura dispoñibles para axudarnos a reflexionar ou simplemente para acercarnos a outras realidades, todas elas relacionadas coa saúde mental. 📖 Pasádevos a botar un ollo! 📖

Concurso de relatos TERRORÍFICOS

Ola ola! Dende a biblio retomamos con ganas o concurso de relatos de terror! Este ano, teredes ata o día 28 de outubro para entregar os vosos relatos na biblioteca. Estes deben ter 200 palabras como máximo e podedes decoralos con toda a vosa creatividade. O xurado estará composto polo equipo de biblio e os gañadores serán premiados o mércores 30, durante o segundo recreo.  👻   Anímate a participar da semana terrorííííífica! 👻

ESTAMOS DE VOLTA!

  Bo día a todas e todos! A biblioteca do IES Vilar Ponte volve a porse en marcha! Xa sabedes os horarios, pasádevos a facer unha visitiña e a desfrutar dun bo cómic, de historias, de aventuras, dalgún dos nosos xogos de mesa ou leva unha peli para casa.  Tamén estamos organizando o club de lectura deste curso 2024-2025, ven a apuntarte!

Día das Letras Galegas: Luisa Villalta.

  ✍📜 O pasado mes de maio, celebramos a conmemoración das Letras galegas con diversos talleres de creación poética. O alumnado pasouno moi ben creando centóns e facendo un cadáver exquisito do máis orixinal. 🖋

Exposición Xeoloxía na Biblioteca.

  O curso remata, pero na biblio non paramos! 🌍  Esta semana contamos cunha exposición de maquetas feitas polo alumnado de 1º ESO. O tema principal son as capas da terra, ainda que poderedes descubrir outros datos da xeoloxía terrestre. 🌋

Gañadores do Concurso do Día do Libro.

 Xa temos gañadores do Concurso do Día do Libro: Antón Manso e Marlin García de 3°B que lograron descifrar 18 das 23 recomendacións literarias misteriosas.

Gañadores do Certamen de poesía Luz Pozo Garza.

  Xa temos gañadores no concurso do certame de poesía Luz Pozo Garza. Parabéns e moitas grazas a tódalas persoas participantes!

CORRELINGUA 2024

 

VIAXE do Club de Lectura de Manga a Expotacu.

Obradoiro de regueifas.

Obradoiro de banda deseñada con Abraham Carreiro

 Hoxe os nosos alumnos e alumnas poderon deseñar, debuxar e pintar os seus personaxes de banda deseñada grazas aos consellos de Abraham Carreiro. Director da revista infantil e juvenil O Papagaio.

Lecturas compartidas. Actividade da 13 edición da Microrrede da Mariña

Compartimos momentos moi especiais da actividade de onte: "Lecturas compartidas, lectura e música da man".  Lecturas universais, interpretaciones musicais e comunidades educativas de diferentes centros compartindo experiencias únicas.  

Lecturas compartidas. Acto dentro da Microrrede da Mariña.

 Hoxe a punto de comenzar o acto organizado pola biblioteca do IES Vilar Ponte: Lecturas compartidas,  Literatura e música da man. Alumnos de 4°, 3° e 2° da ESO len e interpretan...

24 Rúa da Microrrede: A Mariña homenaxea a Ibáñez.

 

Exposición da Microrrede da Mariña 2024 homenaxe a Ibáñez.

                     microrredemarina   Desvelamos o cartel da nova exposición da Microrrede! Agradecer ao alumnado do bacharelato de Artes do IES Monte Castelo pola participación e o seu bó facer🫶🏻 e en particular a Laura González Freire por brindarnos a portada que abre as portas ao noso traballo colaborativo. 📍Salón Multiusos do Concello de Viveiro 🗓️Entre o 7 e o 10 de Maio. 🖌️ Deseño do cartel: Laura González Freire