Entradas

19 de xuño - Xincana de final de curso

Imagen
 Bo día a todas e todos! Como xa sabedes, a semana pasada estivo ben cargadiña de actividades. O xoves, dende o equipo de biblioteca, preparamos unha xincana para todo o centro, na que participaron rapaces e rapazas dende 1º ata 4º da ESO.  O alumnado podía apuntar aos seus equipos para pasar as 12 probas coas que contaba esta xincana. Doce probas que estaban repartidas por todo o patio do centro, a cafetería, a biblioteca e algunha clase. A participación foi moi alta e houbo moitísima enerxía e risas por todas partes, especialmente nas carreiras de sacos! Sudouse moito, pero imos de vacacións xa liberadas e liberados de toda a tensión acumulada do curso. Ata a próxima!

18 de xuño - Teatro no centro!

Imagen
 Bo día a todas e todos! Hoxe vimos contarvos un dos días especiais que tivemos esta semana pasada, que estivo adicado ao teatro. Como xa sabedes, o noso equipo de voluntarios de biblioteca preparou unha obriña de microteatro moi divertida que xa representaron no Concello de Viveiro na semana de Microrrede da Mariña, pero o resto do alumnado aínda non tivera a ocasión de vela! Así que programamos dúas sesións este pasado mércores, xunto co alumnado de 1º e 2º de ESO de Proxecto Competencial, que tamén levaba dende o segundo trimestre traballando nunha obra. Neste caso, tratábase dunha obra basada na vida de Mary Anning, unha pioneira na paleontoloxía que non recibiu o seu merecido recoñecemento durante a súa vida pero que, a día de hoxe, é unha das grandes referentes.  O alumnado encargouse de facer o decorado, o vestiario, o guión, a banda sonora... todo! Moito tempo e esforzo invertido que finalmente culminou neste día tan intenso. Noraboa a tódolos participantes! Dexámosvos...

17 de maio - Día das Letras Galegas 2025

Imagen
 Bo día a todas e todos! Hoxe vimos contarvos o que fixemos o venres pasado, en colaboración co equipo de Dinamización da Lingua Galega para celebrar o 17 de maio, Día das Letras Galegas . Ao longo da mañá, o alumnado e algúns profes tiveron que completar o mural que deseñou Sara dende Dinamización, e viñeron por grupos con moita ilusión a aportar o seu graniño de area, cada un cun adhesivo para formar o mural. Este adhesivo, colocado nas súas mesas previamente, ía acompañado das instrucións de como utilizalo e duns versos de diferentes coplas tradicionais que algúns se animaron a recitar a viva voz. Ademáis deste mural tan chulo formado por todos e cada un dos alumnos e alumnas que forman parte do centro, parte do equipo de biblio, de Dinamización e ata a conserxe María, moi ben rodeadas dun grupo de alumnas, honramos á música e á tradición oral que se celebra neste día facendo de cantareiras durante o recreo, cantando temas tan coñecidos como Catro vellos mariñeiros . Foi un día...

13-15 de maio - Semana do teatro na Microrrede da Mariña

Imagen
 Bo día a todxs! Esta semana foi moi esperada e especial. Na sala multiusos do Concello de Viveiro montamos a exposición anual da Microrrede de Bibliotecas Escolares da Mariña. Neste espazo, ademáis de diversas maquetas e xogos de dez centros que integran a Microrrede, outros sete, entre os que se atopaba o noso grupiño do IES Vilar Ponte, levaron a cabo representacións teatrais. Da presentación do evento, o martes 13, encargouse tamén a responsable da Biblioteca do IES Vilar Ponte, Xiana, nunha celebración do teatro, da lectura e da creatividade na que estivemos acompañadxs por Carlos Labraña, dramaturgo moi recoñecido en Galicia. Na súa 14ª edición, esta iniciativa da Microrrede continúa a poñer en valor o poder transformador das artes escénicas. O grupo de voluntarios de biblio do IES Vilar Ponte que sacou adiante a obra representada, titulada Os Activados,  deixou o nivel ben alto a pesares dos nervios. Foi unha experiencia moi interesante e divertida que se repetirá no no...

23 de abril - Día do Libro

Imagen
 Bo día a todas e todos! Este mércores 23 de abril celebrouse o Día do Libro e quixemos facer dende a biblioteca unha actividade un pouquiño creativa. Tratábase de que os rapaces de diferentes cursos (neste caso participaron parte de 1ºESO, parte de 2ºESO e parte de 3ºESO) fixesen recomendacións lectoras a través de debuxar as portadas deses libros. Os menos dados á creatividade preferiron facer recomendacións escritas. O resultado estivo toda esta semana decorando o corredor principal do centro. Xulgade vos mesm@s!

Exposición Abril - O Románico e o Camiño: as pegadas en pedra

Imagen
 Bo día a todas e todos! Hoxe traémosvos As pegadas en pedra: o Románico e o Camiño, unha exposición resultado da viaxe ao pasado a través da arte, a cultura e a espiritualidade no medievo que fixo o alumnado de 2º ESO. Durante varias semanas, o alumnado traballaou arreo para elaborar  maquetas de igrexas do románico, carteis, diarios de peregrinaxe e folletos sobre as diferentes etapas do Camiño . Con estes traballos, non só aprenderon a identificar os principais elementos do  estilo románico , senón tamén coñecer a  tradición xacobea , símbolos, tradición e impacto cultural.  Convidámosvos a visitar esta viaxe no tempo , dispoñible no corredor da entrada do Pastor Díaz e na Biblioteca do Vilar Ponte.