13-15 de maio - Semana do teatro na Microrrede da Mariña
Bo día a todxs!
Esta semana foi moi esperada e especial. Na sala multiusos do Concello de Viveiro montamos a exposición anual da Microrrede de Bibliotecas Escolares da Mariña. Neste espazo, ademáis de diversas maquetas e xogos de dez centros que integran a Microrrede, outros sete, entre os que se atopaba o noso grupiño do IES Vilar Ponte, levaron a cabo representacións teatrais.
Da presentación do evento, o martes 13, encargouse tamén a responsable da Biblioteca do IES Vilar Ponte, Xiana, nunha celebración do teatro, da lectura e da creatividade na que estivemos acompañadxs por Carlos Labraña, dramaturgo moi recoñecido en Galicia. Na súa 14ª edición, esta iniciativa da Microrrede continúa a poñer en valor o poder transformador das artes escénicas.
O grupo de voluntarios de biblio do IES Vilar Ponte que sacou adiante a obra representada, titulada Os Activados, deixou o nivel ben alto a pesares dos nervios. Foi unha experiencia moi interesante e divertida que se repetirá no noso centro o próximo mes, na última semana do curso.
Deixámosvos algunhas fotiños do evento!
Comentarios