18 de xuño - Teatro no centro!
Bo día a todas e todos!
Hoxe vimos contarvos un dos días especiais que tivemos esta semana pasada, que estivo adicado ao teatro. Como xa sabedes, o noso equipo de voluntarios de biblioteca preparou unha obriña de microteatro moi divertida que xa representaron no Concello de Viveiro na semana de Microrrede da Mariña, pero o resto do alumnado aínda non tivera a ocasión de vela! Así que programamos dúas sesións este pasado mércores, xunto co alumnado de 1º e 2º de ESO de Proxecto Competencial, que tamén levaba dende o segundo trimestre traballando nunha obra. Neste caso, tratábase dunha obra basada na vida de Mary Anning, unha pioneira na paleontoloxía que non recibiu o seu merecido recoñecemento durante a súa vida pero que, a día de hoxe, é unha das grandes referentes.
O alumnado encargouse de facer o decorado, o vestiario, o guión, a banda sonora... todo! Moito tempo e esforzo invertido que finalmente culminou neste día tan intenso.
Noraboa a tódolos participantes!
Dexámosvos, coma sempre, cunhas fotiños do día.
Comentarios