A Universidade Francisco de Vitoria de Madrid promove as chamadas Becas Europa, 50 becas para visitar as mellores universidades europeas. Javier optaba a unha delas. Aínda que acabamos de coñecer que non puido conseguir unha destas desexadas becas, debemos felicitalo, pois foi un dos tres galegos seleccionados dos douscentos alumnos de toda España elexidos despois de superar dúas fases eliminatorias. Lembremos que comenzaron o proceso un total de 5500, polo que chegar ata aquí foi un importante logro. NORABOA!
A escritora Antía Yáñez , natural de Burela (1991) , vén de gañar o Premio Raíña Lupa 2025 da Deputación da Coruña pola súa obra Bragakadabra , unha historia chea de humor, maxia e reflexión social. Recoñecida xa como unha das voces máis prometedoras da narrativa galega, Antía destacou dende o seu debut con Senlleiras (Premio Illa Nova 2018), e continuou cunha traxectoria sólida e diversa, con títulos como Non penses nun elefante rosa , O misterio de Portomarín ou Be Water, my friend . En Bragakadabra , a autora volve combinar fantasía e compromiso social, convidando a ler, rir e pensar. Defensora da lingua e da cultura galega, Antía Yáñez continúa a escribir dende Galicia con orgullo e talento, construíndo un camiño que inspira ás novas xeracións lectoras. Dende a Biblioteca do IES Vilar Ponte , celebramos este merecido recoñecemento e animamos a descubrir a súa obra, tan próxima e tan universal ao tempo. Páxina oficial de Antía Yáñez Entrevista a Antía Yáñez en Vozpopul...
