II Liga de Debate
A piques estiveron de vencer.
Aínda que xa foi en xaneiro, queremos comenzar este blog da biblioteca cunha ben merecida felicitación aos nosos representantes na II Liga de Debate. Como xa sabedes -na foto de dereita a esquerda- Sara Yáñez Soto (2º Bac), David González Martínez (1º Bac), Vanesa González Martínez (2º Bac) e Diego Río Fernández (2º Bac), capitaneados por Anselmo Lorenzo (Historia) e apoiados por Azucena Matilde (Bio) quedaron segundos nesta edición da Liga celebrada en Santiago.
Nalgunha ocasión estiveron preparándose na biblio (recoñecedes onde fixeron a foto, verdade?) , polo que é obrigado recordar o papel desenrolado por estes siareiros. Foron superando distintas roldas ata chegar á final. Foi especialmente interesante a semifinal onde venceron, sorprendendo a algúns, ao Colexio Peleteiro de Santiago. Finalmente foron superados polos representantes do IES Rosalía de Castro, tamén da capital compostelá.
Por isto, anque felicitando desde aquí aos gañadores, queremos dar os nosos parabéns a este equipo, que, para nós, son os mellores. NORABOA, rapaces!
Comentarios
Saúdos
Iago, IES Xoán Montes de Lugo