21 de marzo: DÍA MUNDIAL DA POESÍA
Estade atentos. Á volta das vacacións de Semana Santa teremos preparada a exposición que elaborou o grupo de 1º ESO D para lembrar que o 21 de marzo é o Día da Poesía.
Esta actividade inscríbese nunha moito máis grande organizada polas bibliotecas escolares dos centros de Viveiro e de Xove, que leva por nome UNHA PRIMAVERA DE POEMAS.
Axiña veredes polo ies as nosas especiais "abellas" anunciando a primavera cun poema.
Comentarios